O PP DE SILLEDA DENUNCIA A FALTA DE MANTEMENTO NA PRAZA DE BANDEIRA E O SEU ENTORNO

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP DE SILLEDA DENUNCIA A FALTA DE MANTEMENTO NA PRAZA DE BANDEIRA E O SEU ENTORNO

    Silleda, 22 de novembro de 2019.- O Partido Popular de Silleda denunciou os atrancos que lle esta a causar os veciños de Bandeira que o Concello non realizase a poda das arbores que se encontran na praza Juan Salgueiro, xa que as follas amoreanse na praza e nos seus arredores, perxudicando tanto os peons como os que ciruculan co seu vehículo polo entorno da praza.

    Dende as filas populares sinalaron que o Concello normalmente podaba estes arbores no mes de setembro ou outubro, pero este ano non se acometeron os traballos de poda o que esta a traer os inconvintes que vemos agora.

    O voceiro do Partido Popular, Ignacio Maril sinalou que “Estamos ante unha nova mostra de deixadez por parte do Concello, que o que ocasiona son problemas tanto para os veciños da vila como para os negocios que se encontran nesta zona, xa que as follas ateiganse por todos lados. O goberno do señor Cuíña unha vez máis demostra que lle interesa máis andar gastando os cartos en viaxes e en paparotas que no adecuado mantemento do noso Concelllo e no día a día dos nosos veciños.”

    Dende as filas populares sinalaron tamén os problemas coa iluminación que se veñen producindo nas últimas semanas tanto na rúa Louras, como no entorno da rúa do Parque

    Ignacio Maril, sinalou que “Estes problemas coa iluminación nesta zona estánse a convertir xa nun clásico sin que o Concello faga nada por solucionalos. É lamentable que nunha zona na que se encontran moitos servizos da vila como un supermercado ou unha mercería e unha perruqueria, teñan que sufrir estes problemas continuamente a pesares de que despois os comerciantes teñen que pagar os seus impostos.”

    Os populares recordaron ademáis que nesta zona encontrase tamén o albergue de peregrinos, “E penosa a imaxe que os peregrinos levarán do noso pobo, un pobo no que a falta de mantemento é evidente e na que o entorno do albergue esta totalmente a escuras, ¿Realmente non podemos permitir esta publicidade a través dos comentarios que fagan os peregrinos do noso pobo a través das redes sociais?, ¿Realmente o pobo da Bandeira merece trasladar esa imaxe?. Dende o Partido Popular entendemos que non, por eso lle reclamamos o señor Cuíña que actúe de maneira urxente, que só co que saca en multas nesta rúa nun ano, daríalle para tela en perfecto estado.”   

Add comment


Security code
Refresh