Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP reclama á Deputación que ensanche a EP-7203 entre Soutelo e Covas, en Forcarei, para garantir a seguridade

    • Jorge Cubela defenderá unha moción no pleno provincial deste mes.
    • Belén Cachafeiro denuncia que, a pesar de ser unha estrada de moito tránsito, e pola que pasan camións, autobús escolar e incluso animais, é unha das que peor estado presenta de todo o concello, incluídas as municipais.

     

    19, novembro, 2019.- O grupo provincial do Partido Popular reclama á Deputación de Pontevedra que ensanche a EP-7203 entre Soutelo e Covas, no Concello de Forcarei, para mellorar a seguridade viaria de peatóns e vehículos e facilitar, deste xeito, a vida nos núcleos polos que transcorre.

    Será no próximo pleno provincial, que se realizará a finais deste mes, tal e como explica o voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela, que acompañado pola presidenta local do PP, Belén Cachafeiro, percorreu a estrada para comprobar o seu estado.

    A pesar de ser unha estrada de moito tránsito –cunha estimación feita na propia institución provincial de 379 vehículos diarios-, e pola que non só transcorren coches, senón que tamén circulan autobuses escolares, camións e incluso animais, Belén Cachafeiro denuncia que é unha das que peor estado presenta en todo o concello, incluídas as estradas municipais. “É unha estrada moi estreita, sen beirarrúas, só hai unha cuneta por un dos lados e só entre dous dos sete pobos que une, polo que resulta un perigo constante para os peóns camiñar por ela prácticamente en calquera dos 9 quilómetros que ten”, explica. A isto hai que engadir a velocidade elevada á que circulan moitos coches, que non hai espazo para esquivalos e que moitos dos peóns son de avanzada idade, con menores reflexos e maior dificultade de movemento, o que provoca que a estrada sexa un risco para os seus usuarios e para os veciños destes pobos.

    Cubela recorda que a Deputación de Pontevedra conta ao longo do seu territorio con preto de 2 mil quilómetros de estradas provinciais que, en moitos casos, son arterias de comunicación principais. Tal é o caso da EP-702, que ten unha lonxitude de 9,730 quilómetros e se configura como a principal vía de comunicación para unir as parroquias de Magdalena, Millarada e Forcarei, e polo tanto, tamén para conectar aos veciños que viven nos pobos de Sanguñedo, Vilariño, Fixó, Portela, Berrozo, Porteo e Malburgo.

    “Desde o grupo provincial reclamaremos, unha vez máis, que se actúe nas estradas provinciais e que se teñan en conta as reclamacións do rural da provincia”, destaca o voceiro popular. Ademais, lamenta que “no orzamento para o ano 2020, o Bipartito PSOE-BNG continúan reducindo as partidas económicas para os pequenos e medianos concellos da provincia e, ademais, tampouco dan resposta a moitas das súas necesidades, como é o caso da mellora e ensanche desta estrada provincial”.