Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Poio presenta unha moción para bonificar os vehículos eléctricos e híbridos

    • O Concelleiro do PP de Poio encargado da área de Facenda, Sergio Pereira, defenderá unha moción no pleno de novembro instando á bonificación do 75% na cota do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica para os vehículos eléctricos, híbridos e aqueles que utilicen biogás, metano, hidróxeno ou derivados de aceites vexetais.
    • Pereira recordou que na maior parte dos Concellos xa se están a aplicar estas bonificacións e Poio non pode ser menos: «Son moitos os concellos que establecen bonificacións nas ordenanzas deste imposto para vehículos que non inciden negativamente no medio ambiente, como son os eléctricos, híbridos, etc. e cremos que en Poio temos que incorporar esta bonificación a nosa ordenanza fiscal».
    • En comisión, a moción dos populares tivo o rexeitamento do BNG (partido que ostenta a Concellería de Facenda) e a abstención do PSOE e de AVANTE Poio: «Non entendemos como é posible que aos 3 Alcaldes non apoien unha moción como esta, que pretende a mellora da eficiencia enerxética, que fomenta a redución de emisións de CO2 e que procura diminuír a dependencia do petróleo mediante a utilización de fontes de enerxía autóctonas», indica Pereira.

     

    Poio, 20 de novembro de 2019. O Concelleiro do PP de Poio encargado da área de Facenda, Sergio Pereira, presentou esta mañá na Comisión de Facenda unha moción para o seu debate no pleno de novembro, na que insta á Corporación a aprobar a bonificación do 75% no recibo do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, a “Viñeta”, para os vehículos eléctricos, híbridos e aqueles que utilicen biogás, metano, hidróxeno ou derivados de aceites vexetais.

    «O parque de vehículos de calquera país da UE está formado principalmente por turismos e supón a segunda maior fonte de emisións contaminante en toda España polo que todas as administracións deben facer esforzos para reducir este tipo de emisión e un dos instrumentos que temos nos Concellos é a fiscalidade sobre os vehículos e é por iso polo que propoñemos implantar bonificacións relacionadas coas características contaminantes dos vehículos deste municipio», explica Pereira.

    Pereira recordou que na maior parte dos Concellos xa se están a aplicar estas bonificacións e Poio non pode ser menos: «Son moitos os concellos que establecen bonificacións nas ordenanzas deste imposto para vehículos que non inciden negativamente no medio ambiente, como son os eléctricos, híbridos, etc. e cremos que en Poio temos que incorporar esta bonificación a nosa ordenanza fiscal».

    Pero ademais, os populares inciden en que a moción tamén insta ao Concello a regular procedementos de petición de espazos na vía pública para a instalación de puntos de recarga e a realizar campañas de concienciación cidadá para promover o uso do vehículo eléctrico.

    No ditame da Comisión Informativa deste mércores a moción dos populares tivo o rexeitamento do BNG (partido que ostenta a Concellería de Facenda) e a abstención do PSOE e de AVANTE Poio: «Non entendemos como é posible que aos 3 Alcaldes non apoien unha moción como esta, que pretende a mellora da eficiencia enerxética, que fomenta a redución de emisións de CO2 e que procura diminuír a dependencia do petróleo mediante a utilización de fontes de enerxía autóctonas», indica Pereira.