“A alma e o corazón do Museo non poden estar pechados baixo chave de forma indefinida”

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • “A alma e o corazón do Museo non poden estar pechados baixo chave de forma indefinida”

     

    • O Partido Popular provincial levará a Pleno unha moción para esixir a reapertura dos edificios centrais do Museo
    • Pepa Pardo: “Antes de gastar cartos en novos edificios primeiro deberíase rehabilitar a esencia do Museo”
    • Cubela: “Sabemos que hai problemas no bipartito na área de cultura. Hai discrepancias, falta de rumbo e bandazos”

     

    19, novembro, 2019.-  O grupo provincial do PP de Pontevedra levará a Pleno da Deputación unha moción para esixir a reapertura dos edificios centrais do Museo de Pontevedra. “A alma e o corazón do Museo non poden estar pechados baixo chave de forma indefinida”, asegurou Pepa Pardo, quen compareceu fronte á porta dos edificios Castro Monteagudo e García Florez en compañía do seu compañeiro na portavocía do grupo, Jorge Cubela.

    Pardo reclamou a reforma dos edificios centrais como paso previo imprescindible antes da construción dun novo edificio, proxectado polo bipartito lonxe do casco histórico. “Por estes edificios pasaron varias xeracións de pontevedreses, que se empaparon da historia da cidade e da provincia, e levan anos pechados sen que en ningún momento estivera entre as prioridades do bipartito a súa reapertura”, afirmou.

    A voceira provincial fixo un breve percorrido pola xestión do Museo que levan desenvolvido PSOE e BNG. “Falaron de dar independencia ao Museo e iso quedou en nada, e tamén anunciaron en 2015 a reforma destes edificios, unha reforma que xa estaba prevista e que quedou nun caixón. Dende entón, vaguidades, moito escurantismo e moitísimo tempo perdido. Case cinco anos”.

    Pola súa parte, Jorge Cubela esixiu claridade ao bipartito e puxo o foco sobre os cambios de competencias entre os dous membros do bipartito. “Sabemos que hai problemas nesta materia. Antes a área de Cultura levábaa o BNG, agora lévaa o PSOE pero o Museo manteno o BNG. Hai discrepancias, falta de rumbo e bandazos”, afirmou.

    Ademais de recordar que o bipartito leva case cinco anos gobernando (“non un, nin dous, nin tres”), criticou a decisión de construír un novo edificio do Museo en Valdecorvos antes de reformar o Castro Monteagudo e o García Flórez. “Non se falou cos colectivos ni co mundo da cultura. De feito, numerosas voces autorizadas cuestionan que se saque o Museo do casco histórico”.

    A moción levarase a Pleno e incluirá tamén unha petición de reapertura para as Ruínas de Santo Domingo.

     

     

     

     

Add comment


Security code
Refresh