Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP DE SILLEDA SOLICITA A LIMPEZA DA PISTA DE VILAVERDE AFECTADA POR UNHA CORTA

     

    Silleda, 19 de novembro de 2019.- O Partido Popular de Silleda solicitou que se proceda a limpeza da pista que da acceso o lugar de Vilaverde, xa que se encontra chea de lama e restos procedentes da corta de árbores.

    Os populares urxen ó goberno a que proceda a limpar esta pista xa que ademáis pola mesma pasa o transporte escolar e resulta moi perigoso para o paso do autocar. Según indicou voceiro do Partido Popular Ignacio Maril, “Nos últimos días queixaronse varios veciños do estado da pista, e incluso dende o transporte escolar alertaron da perigosidade que presenta a situación desta pista que ademáis de encontrarse totalmente enlamada, tamén se encontra ateigada de restos de ramas e follas que proveñen da tala de arbores que se fixo neste punto.”

    Ignacio Maril, indicou tamén que “As cunetas tamen se encontran en moi mal estado o que afecta o estado da pista, polo que dende o goberno local deben tomar as medidas oportunas para que non se produzcan estes problemas cando se leva a cabo a corta nalgún lugar do noso Concello, debe controlarse por parte da policía local estas situacións e actuar de maneira inmediata para garantir a seguridade dos veciños que circulan por estas pistas e evitar o seu deterioro.”.

    Dende as filas populares urxiron o goberno municipal a tomar canto antes as medidas oportunas para limpar a pista afectada, e recordaron que ademáis o Concello dispón de maquinaria e persoal axeitada e suficiente para poder acometer estes traballos de limpeza de maneira urxente, si non se consigue outra alternativa.