Rueda destaca a recuperación do voto urbano, con subas en Vigo, Pontevedra e Vilagarcía

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Rueda destaca a recuperación do voto urbano, con subas en Vigo, Pontevedra e Vilagarcía

    • O Partido Popular provincial reuniu ao seu Comité de Dirección e á candidatura ás Cortes e analizou detalladamente os resultados do 10 de novembro
    • “Están postas as bases da recuperación. Subimos en votos nas tres cidades e o PSOE perdeunos en todas”

     

    12, novembro, 2019.-  O presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda, destacou hoxe a recuperación do voto urbano nas pasadas eleccións xerais. Así, o PP subiu en votos e porcentaxes en Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, mentres o PSOE perdía o seu número de apoios nas tres urbes. A análise produciuse no Comité de Dirección do partido celebrado hoxe en Pontevedra ao que tamén asistiu a candidatura ao Congreso e o Senado.

    Así, o PP subiu en Vigo 4.289 votos, en Pontevedra foron 1.279 e en Vilagarcía 98, o que se traduciu en alzas de 4,3 puntos en Vigo; 5,2 en Pontevedra, e 5 en Vilagarcía. O PSOE, pola súa contra, perdeu 5.444 votos en Vigo, 1.909 en Pontevedra e 904 en Vilagarcía.

    “Están postas as bases da recuperación. Subimos en votos nas tres cidades e o PSOE perdeunos en todas. Iso axudou de forma notable a mellorar os nosos resultados”, afirmou Rueda.

    O Partido Popular subiu un deputado e un senador, mentres o PSOE perdía un posto na Cámara Alta. No global da provincia, os populares creceron uns 6.000 votos mentres o PSOE perdía 20.000. Eses datos traducíronse nunha suba en tanto por cento de voto do PP en 57 dos 61 concellos. O PSOE baixou en 49.

    Rueda destacou o traballo desenvolvido en tódolos concellos. “Tiñamos o mellor equipo da provincia, o máis coñecido e o máis experimentado en xestión e iso levounos a crecer catro puntos, ata o 29%, nove puntos máis que no conxunto do país. Están postas as bases e deuse volta á tendencia de abril, pero aínda así, queda camiño por percorrer”, finalizou o presidente provincial.

Add comment


Security code
Refresh