Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PPDO PORRIÑO URXE A ACONDICIONAR A PROLONGACIÓN DA RÚA NAVU-XIL E A PONTE QUE CRUZA A A-52

    • O estado en que se atopa o que é un dos principais accesos ao centro urbano, utilizado a diario por centos de persoas para acceder aos centros escolares, pavillón municipal e Centro de Saúde, supón un risco para a seguridade de vehículos e peóns
    • Desde o PP fan extensiva esta reclamación ao resto de viais de todo o termo municipal que presentan un evidente estado de abandono sendo, en moitos puntos, intransitables

     

    O Porriño, 11 de novembro de 2019.- O grupo municipal do Partido Popular reclamou hoxe a mellora e acondicionamento urxente dun dos principais accesos ao centro urbano do Porriño. Trátase da prolongación da Rúa Navuxil e a rúa da Risca, especialmente a ponte que cruza a autovía A-52.

    "A escasa seguridade viaria desta zona que soporta un intenso tránsito diario, tanto de vehículos como de peóns, require medidas urxentes", apuntou o portavoz, Alejandro Lorenzo,  "Falamos dun dos principais accesos ao centro urbano, utilizado a diario por miles de persoas para acceder a dous colexios e ao instituto , así como ao pavillón e ao Centro de Saúde. As condicións actuais supoñen un evidente risco que debe ser liquidado de inmediato".

    E é que o mal estado do firme, con gretas de profundidade no pavimento e fochancas, evidencia o deixamento do goberno municipal e a falta de mantemento que se require para o bo estado destas infraestruturas. Hai que sumar a falta de beirarrúas que dificulta a mobilidade e pon en risco a seguridade dos peóns.

    Os populares apuntan tamén ao mal estado do firme da ponte que cruza a A-52 e das xuntas de dilatación, polo que instan o Goberno Municipal a realizar as xestións necesarias de maneira urxente para garantir a seguridade desta infraestrutura.

    "O estado de abandono das estradas en todo o municipio é evidente", concluíu Lorenzo, "Os viais e camiños das parroquias son en moitos puntos intransitables e requiren a inmediata execución de obras de mellora. Esta petición non é nova, levamos reclamando que se tomen medidas neste sentido sen que en ningún caso se vexan atendidas as nosas reclamacións, que son as dos veciños e veciñas de Porriño que cumpren coa súa parte pagando os seus impostos".