Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP SOLICITA AOS 3 ALCALDES MÁIS COLABORACIÓN CO KICKBOXING POIO E QUE «DEIXEN DE BOICOTEALO»

    • Os populares transmiten o malestar de pais e nais polo continuo cambio de horas e lugares para entrenar, recortes de espazo sen previo aviso e outras mostras de desconsideración con un deporte con moita tradición en Poio e denuncian que para moitos pais e nais «dá a impresión que desde o concello buscan aburrir ao club para que marche de Poio»
    • Tucho Muíños pregunta «Como se entende que o concello falte ao respecto constantemente a un club que crece cada ano e consegue éxitos nacionais e internacionais?» e lamenta a absoluta falta de apoio por parte do concello e en particular da concellería de deportes.
    • Muíños pide aos 3 alcaldes que deixen de boicotear as actividades do club, que respecten a historia e os logros do kickboxing en Poio e garantan a práctica desta disciplina, e traslada o «apoio total do PP a un referente deportivo do noso concello. Nós queremos que o kickboxing siga dando éxitos a Poio»
    • O popular lamenta o empeoramento da xestión deportiva municipal e  recorda que apoiar o deporte non é só poñerse nas fotos dos premios: «Parece que cantos máis alcaldes hai a mandar menos atención teñen veciños e colectivos e en vez de solucionar problemas, multiplícanos».

     

    Poio, 9 de novembro 2019. O concelleiro de Deportes do PP de Poio, Tucho Muíños, esixiu este sábado aos 3 alcaldes que «deixen de boicotear as actividades do Kickboxing Poio» e colaboren con este club, despois das denuncias de pais e nais de usuarios, que se queixan de que o concello está obrigando a continuos cambios de horas e lugares para entrenar, así como constantes recortes no espazo para o kickboxing e, en xeral, unha absoluta falta de apoio por parte do concello, e especialmente, da concellería de deportes para con unha disciplina de gran implantación en Poio.

    Muíños preguntou «Como se entende que o concello falte ao respecto constantemente a un club que crece cada ano e consegue éxitos nacionais e internacionais?», e lamentou que, en palabras de pais e nais, a falta de respecto chega ata o punto de que  «dá a impresión que desde o concello buscan aburrir a pais, nais, rapaces e socios para que marchemos de Poio».

    O popular esixiu aos aos 3 alcaldes que respecten «a historia, o número de socios, os logros deportivos e o traballo do kickboxing Poio» e deixen de boicotear as actividades do club, tanto de adultos masculino e feminino como de base, e solicitou aos membros do goberno local que garantan a práctica en condicións desta disciplina.

    Muíños ademais subliñou que desde o Concello deberían estar agradecidos a este club en particular xa que «moito do material que está hoxe en día instalado no ximnasio municipal foi comprado polos propios socios do club cos seus recursos, aínda que na actualidade ese material se utilice noutras actividades».

    Os populares recalcaron que non son casos aillados, senón que nos últimos anos sucédense os desplantes e as mostras de desconsideración cara a un deporte moi implantado en Poio, unha actitude que o PP considera incomprensible e inxusta para con un club que conta con cerca dun centenar de socios e «está a dar a Poio éxitos nacionais e internacionais».

    Muíños lamentou o progresivo empeoramento da xestión deportiva municipal nos últimos anos, ata chegar aos 3 alcaldes que en absoluto teñen entre as súas prioridades mellorar as instalacións ou facilitar a práctica do deporte no concello, e recordou que «apoiar o deporte non é só poñerse nas fotos dos premios».

    O popular trasladou as queixas de clubes, colectivos e deportistas pola desatención do goberno local e da concellería de Deportes,  e explicou que «parece que cantos máis alcaldes hai a mandar menos atención teñen veciños e colectivos e en vez de solucionar problemas, multiplícanos».

    Finalmente, Muíños agradeceu aos responsables do Kickboxing poio o seu traballo e a súa implicación, subliñando que ademais dos logros deportivos, esta discipina en Poio ten un compoñente familiar xa que pais, nais e fillos entrenan e compiten xuntos, e comprometeuse a loitar para mellorar a práctica desta modalidade no concello, por iso trasladou o «apoio total do PP a un referente deportivo do noso concello. Nós queremos que o kickboxing siga dando éxitos a Poio»