O PP DE SILLEDA DENUNCIA QUE O CONCELLO NON REMATOU AS OBRAS EN TOXA A PESAR DE XA LLE PAGARON A ADXUDICATARIA

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP DE SILLEDA DENUNCIA QUE O CONCELLO NON REMATOU AS OBRAS EN TOXA A PESAR DE XA LLE PAGARON A ADXUDICATARIA

    • A pista de entrada a Toxa encontrase totalmente intransitable o que provou incluso o pinchazo de varias rodas.
    • As obras estaban programadas, presupostadas, e aprobadas pero o final non se chegaron a executar. Sen embargo o Concello non so pagou o previsto se non que ademáis aínda pagou unha cantidade adicional por excesos de medicións a adxudicataria.
    • Os veciños dirixironse en varias ocasións o Concello para solicitar que se executasen as obras previstas pero o Alcalde da a calada por resposta.
    • Para Ignacio Maril esta situación é un auténtico sinsentido, e deixa as claras como se funciona no Concello de Silleda.
    • Esiximos que de maneira inmediata se acometan os traballos pendentes, e por suposto pediremos tolas explicacións oportunas o equipo de goberno co Alcalde a súa cabeza.

     

    Silleda, 8 de novembro de 2019.- O Partido Popular de Silleda denunciou o mal estado no que se atopa a pista de entrada o lugar de Toxa na carretera que une Silleda e Escuadro, xa que se encontra intransitable por mor das fochancas e das pedras soltas que supoñen un grave risco para os cohes que circulan por ela. “O firme esta tan deteriorado e cheo de maleza que é imposible atravesalo cun turismo, e xa son varios os pinchazos de rodas que se produciron neste lugar.”

    Esta entrada o igual que o resto de vial que transcurre polo lugar de Toxa entre as casas, foi incluido dentro do plan de obras de mellora de pistas do ano 2019, sen embargo os veciños denuncian que a deixaron sen acabar, e a pesares de que se dirixiron en varias ocasións o Alcalde para que lle dera unha solución, levan meses sendo ignorados polo señor Cuíña.

    Para o vocerío do Partido Popular, Ignacio Maril, este feito é moi grave, “Non podemos comprender como estando dentro do proxecto das obras de mellora das pistas a executar no ano 2019, finalmente non se chegou a executar, sobre todo se temos en conta que dende o goberno municipal por criterios electoralistas ante a proximidade das eleccións se executaron moitas obras que non estaban previstas, chegando incluso a hormigonarse pistas que levaban so a unha ou dúas casas.”

    Para os Populares, esta situación é un auténtico escándalo. ”Estamos ante unhas obras programadas, presupostadas, aprobadas pero que o final non se chegaron a executar non sabemos ben atendendo a que criterios. O máis curioso é que finalmente  por estas obras non só se pagou o que estaba presupostado, se non que aínda por riba se pagou unha partida a maiores por excesos de medicións a empresa adxudicataria. E un auténtico sinsentido, e deixa as claras como se funciona no Concello de Silleda.”

    O voceiro do Partido Popular sinalou ademáis que “Esiximos que de maneira inmediata se acometan os traballos pendentes, xa que ademáis hai unha empresa do noso Concello que esta instalada neste lugar, e que leva sufrindo esta situación dende fai tempo cos danos e perxuicios que lle ocasiona, cousa que dende o Partido Popular non vamos tolerar, e por suposto pediremos tolas explicacións oportunas o equipo de goberno co Alcalde a súa cabeza, xa que nos parece algo totalemente inadmisible.”

Add comment


Security code
Refresh