O PP esixe a Gonzalo Caballero e ao delegado do Goberno que interveñan para retirar a exposición en Redondela na que se insulta á policía nacional

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP esixe a Gonzalo Caballero e ao delegado do Goberno que interveñan para retirar a exposición en Redondela na que se insulta á policía nacional

    • “Ante a previsible inestabilidade que imos vivir en Cataluña, na que imos pedir ás nosas forzas de seguridade que garantan que a xornada electoral se desenvolva en situación de normalidade, non podemos permanecer nin un minuto máis en silencio aqueles que temos responsabilidades na xestión pública”, sinala Alberto Pazos.
    • Recorda que a día de hoxe aínda hai un policía galego ingresado no hospital polas graves lesións que sufriu hai xa vinte días durante os altercados en Cataluña.

     

    08, novembro, 2019.-  O Partido Popular de Pontevedra urxe ao secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, e ao delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, que aproveiten que esta noite pechan a súa campaña electoral en Redondela para falar coa alcaldesa socialista deste concello e retiren de inmediato unha exposición na que se insulta gravemente á policía nacional e aos corpos de seguridade do estado.

    O deputado autonómico dos populares, Alberto Pazos, denuncia que esta noite os socialistas galegos van pechar a súa campaña electoral en Redondela, e van acudir a unha vila na que unha alcaldesa socialista “fomenta e permite que se exhiba nun local público unha exposición na que se ataca gravemente o traballo da policía nacional, na que se cuestiona a súa intervención en distintos momentos, entre eles nos disturbios que se viviron no pasado en Cataluña e esta alcaldesa se nega a facer ningún tipo de declaración”.

    Por iso, considera que “xa non pode pasar nin un minuto máis sen que hoxe o secretario xeral do PSOE galego se pronuncie sobre esa exposición na que se insulta á nosa policía. Cremos que o delegado do goberno debería de poñer coto a unha intervención pseudoartística na que se insulta á policía da que é o máximo responsable aquí en Galicia. E cremos que ante a previsible inestabilidade que imos vivir en Cataluña onde imos pedir ás nosas forzas de seguridade que garantan que a xornada electoral se desenvolva en situación de normalidade non podemos permanecer nin un minuto máis en silencio aqueles que temos responsabilidades na xestión pública”.

    Ademais, Pazos recordou que a día de hoxe aínda hai un policía galego ingresado no hospital polas graves lesións que sufriu hai xa vinte días durante os altercados en Cataluña.

Add comment


Security code
Refresh