Ramallo: “Os votos que non se traducen en escanos favorecen a Pedro Sánchez, por iso hai que unir o voto en torno ao PP”

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Ramallo: “Os votos que non se traducen en escanos favorecen a Pedro Sánchez, por iso hai que unir o voto en torno ao PP”

    • “A partir do domingo é urxente que haxa un goberno que tome decisións e que aprobe uns orzamentos, o país e a provincia non poden seguir nesta parálise”.
    • Rueda recorda que “no Partido Popular cabemos todos, todos os que queren un cambio de rumbo e un goberno serio e estable en Madrid”.
    • Elena Suárez sinala que “o domingo cúmprense case 200 días desde as eleccións de abril, 200 días negros para España porque ademais de retroceder en todos os índices económicos, hoxe estamos máis enfrontados, máis enfadandos e máis divididos que nunca”.

     

    7 novembro, 2019.- A candidata do Partido Popular de Pontevedra ao Congreso, María Ramallo, apelou esta tarde á unión do voto do centro dereita en torno ao PP. Foi durante un mitin en Vilagarcía, no que tamén participaron Alfonso Rueda, presidente provincial, e Elena Suárez, número 4 na candidatura dos populares.

    “Sabemos que houbo xente que antes votaba ao PP e que o 29 de abril votou outras opcións que non conseguiron escano”, recordou María Ramallo. En total, na provincia de Pontevedra houbo 90.000 votos que foron a partidos que non obterán representación o domingo, 80.000 votos no caso do Senado, e explicou que “os votos que non se traducen en escanos favorecen a Pedro Sánchez, por iso hai que unir o voto en torno ao PP”.

    Na súa intervención, Ramallo cuestionou que o PSOE fose incapaz de chegar en acordos en Madrid, “cando desde maio máis de 8.000 concellos se constituíron e funcionan. Como pode ser que edro Sánchez fose incapaz de facer o mesmo no goberno de España?”. Por iso urxiu que “a partir do domingo ten que haber un goberno que tome decisións e que aprobe uns orzamentos, porque nin o país nin esta provincia poden continuar nesta parálise”. Nesta liña, incidiu en que “se non hai orzamentos, non se pode falar de economía, de emprego, de xestión…”.

    Ramallo tamén lamentou “o circo no que se converteu a formación de Goberno en España”. A situación é máis sangrante, dixo, si se teñen en conta os desafíos aos que se enfronta o país: desaceleración económica, Brexit, aranceis de Estados Unidos… Tamén recordou as noticias “preocupantes” sobre as últimas cifras de emprego, “e todo mezclado con unha débeda de 700 millóns de euros de Sánchez a todos os galegos que ningún socialista de Pontevedra, nin sequera o alcalde de Vilagarcía, se atreveu a criticar”. Por iso, engadiu, “para unha alcaldesa coma min, é difícil entender que obstáculos, que egos ou que cálculos nos levaron ata aquí”.

    Tamén incidiu na importancia de unir o voto de centro dereita no Partido Popular o presidente provincia, que recordou que “no PP cabemos todos. Todos os que queren un cambio de rumbo, todos os que queren un goberno serio e estable en Madrid, todos os votos sensatos que miran polo futuro… Non podemos permitirnos que haxa votos que non se traduzan en escanos”. Por iso, pediu, “votar con sentidiño para ter un goberno serio, que xestione, un goberno do Partido Popular”.

    Por último, Elena Suárez apuntou que “o domingo cúmprense case 200 días desde as eleccións do 28 de abril, 200 días negros para España porque ademais de retroceder en todos os índices económicos, hoxe estamos máis enfrontados, máis enfadandos e máis divididos que nunca”. Destacou, ademais, que Mariano Rajoy foi o presidente que salvou a España de un rescate, e agora terá que ser Pablo Casado o que volva a salvar o país da próxima crise que amenaza. “O domingo temos a oportunidade de cambiar o rumbo, e para iso é necesario que unamos os votos. A única opción para evitar que goberne Sánchez é votar ao Partido Popular”.

Add comment


Security code
Refresh