Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Rueda destaca que é momento de cambio e apostar por un novo proxecto en Meaño que ten o apoio do PP provincial

    • Jesús Sueiro explicou que a nova xestora está practicamente formada, e se presentará nas próximas semanas.
    • Rueda e Ramallo asistiron en Vilanova a unha reunión dos deputados provinciais con alcaldes e voceiros do Salnés.

     

    4 novembro, 2019.-  O presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, apoiou esta tarde en Meaño ao novo presidente da xestora local dos populares, Jesús Sueiro, e pediulle a máxima implicación do novo equipo que está confeccionando.

    Foi durante unha reunión coas persoas que están traballando na xestora, á que tamén asistiu o secretario xeral do PP de Pontevedra, Xose Manuel Cores Tourís, así como persoas dos sectores da hostalería e do comercio local. Rueda salientou que “é momento de cambios, de apostar por un novo proxecto en Meaño que ten todo o apoio do partido a nivel provincial e, como sempre facemos, converteremos unha época complicada na mellor das oportunidades para seguir avanzando”.

    Ademais, o líder provincial recordou que, aínda que o reto inmediato ten que ver coa celebración de unhas eleccións xerais este domingo, o obxectivo que se deben marcar ten que ser xerar ilusión e crear un proxecto do Partido Popular no que todos os afiliados se sintan integrados e identificados”.

    Pola súa parte, Jesús Sueiro explicou que a nova xestora está practicamente formada, e se presentará nas próximas semanas. Ademais, recoñeceu estar moi satisfeito por “todo o apoio que está recibindo na rúa, o que supón un ánimo extra para traballar duro nesta nova etapa ilusionante”.

    REUNIÓN COMARCAL

    Posteriormente á xuntanza en Meaño, o presidente provincial participou na reunión comarcal que os deputados provinciais do Partido Popular organizaron en Vilanova de Arousa con alcaldes e voceiros do Salnés, e que se engloba nunha rolda de encontros que están mantendo por toda a provincia para escoitar as reclamacións dos concellos. Neste encontro, ademais de Rueda, asistiron a candidata do PP ao Congreso, María Ramallo, o voceiro do grupo, Jorge Cubela, e os deputados provinciais desta comarca, Paz Lago e Javier Tourís.

    Os deputados populares denunciaron que o orzamento da Deputación para o próximo ano vai reducir en 1,2 millóns de euros o Plan Concellos, a pesar de que os gastos totais da Deputación aumentan. Iso si, explicaron, “o que aumenta son as partidas para propaganda e publicidade da presidenta e os gastos correntes, todo a conta dos investimentos”.