O PP de poio CONSIDERA UNHA VERGOÑA AS ESCUSAS DE CHELO BESADA PARA XUSTIFICAR A INEFICACIA DOS 3 ALCALDES

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de poio CONSIDERA UNHA VERGOÑA AS ESCUSAS DE CHELO BESADA PARA XUSTIFICAR A INEFICACIA DOS 3 ALCALDES

    • A concelleira do PP de Poio, Rocío Cochón critica as «excusas de mal pagador» aducidas nas últimas horas por Chelo Besada sobre asuntos como o abandono e as pragas no Pazo de Besada ou o desaloxo do Vao.
    • Recorda a Besada que o PP leva anos denunciando a progresiva degradación da contorna do Pazo ata o punto actual que se atopa no abandono máis absoluto: «E iso que un membro socialista do goberno vive na urbanización e visita o Pazo cada día... Non ve como está?»
    • Cochón recorda que o PP chegou ao extremo de ter que acodir á Valedora do Pobo para comprobar o estado de deixadez do Pazo, e de feito na última comisión informativa de urbanismo trasladáronse varias peticións en relación a ese lugar, algunha con situacións de perigo, que non foron atendidas.
    • En relación ás explicacións de Besada sobre o Vial do Vao, Cochón recalcou que «ninguén cre xa unha palabra do PSOE » e ironizou sobre a política de anuncios e fume dos 3 alcaldes: «Anos atrás non foron capaces de realoxar a 2 familias, van realoxar agora máis de 6?»

     

    Poio, 1 de novembro 2019. A concelleira do PP de Poio Rocío Cochón, quixo responder ás últimas declaracións de Chelo Besada nas que deu «excusas máis peregrinas que nunca» para intentar xustificar a ineficacia dos 3 alcaldes, nas que Besada anunciou por enésima vez nunha década un proxecto para o Pazo, e recordoulle que tanto as denuncias do abandono do Pazo Besada pola primeira forza da corporación, como as mentiras e os anuncios incumpridos por parte do goberno municipal, remóntanse moitos anos atrás.

    De feito, Cochón recordou que o PP leva anos denunciando o abandono do Pazo, ata o extremo de que os populares tiveron que recorrer á oficina da Valedora do Pobo para poder acceder ó palacete e comprobar que o deterioro vai a máis: «O Pazo está mais abandonado que nunca, ata o punto de ter zonas de risco para adultos e nenos, e de seguir así aínda por riba de ter unha xoia arquitectónica e cultural abandonada e inutilizada, aínda imos ter problemas de saúde pública pola ineficacia dos 3 alcaldes».

    Segundo Cochón, que visita a miúdo a Finca, un entorno de gran valor de principios do século XX para os que os populares presentaron un proxecto completo nas últimas eleccións, as veciñas e veciños da zona comentan que «están cansos de transmitirlle as queixas a un concelleiro do equipo de goberno que vive na urbanización».

    Cochón recordou tamén que ademais do abandono, a lama ou as pragas, o PP leva meses denunciando problemas de seguridade como o acceso á antiga caldeira, que supón un risco importante de caída para os nenos que poidan xogar na finca, sen que os 3 alcaldes fagan nada ao respecto.

    «O máis lamentable son os extremos aos que chegan os 3 alcaldes para xustificar a súa ineficacia», lamentou Cochón, que denunciou que non só non se cumpren as peticións do PP en relación ás zonas que hai que atender porque presentar problemas de seguridade, senón que «de que fala a Sra. Besada cando fala de desbroces e de obras de accesibilidade?» recalcando que o PP xa trasladou denuncias da veciñanza polo barrizal no que está convertido a Finca, que mesmo provoca caídas: «As únicas veces que os 3 alcaldes desbrozan o Pazo é cando o PP ou os veciños publican unha denuncia ou cando pedimos visitar o Pazo».

    Ademais, Cochón ironizou con que desde o goberno municipal levan anos mentindo e vendendo fume sobre o Pazo, un edificio único de 3 pisos nun entorno formidable, no que desde 2011 o entón Bipartito de Sobral e Besada prometeu destinar a usos públicos, logo poñer unha cafetería... pero mandato tras mandato nunca fixeron nada... «e agora ten a desfachatez de anunciar un proxecto para o pazo: «Que proxecto, Sra. Besada? Non vemos máis que abandono, deixadez e falta de responsabilidade en todo Poio e no Pazo, que hoxe segue sendo un cascarón baleiro... reflexo das mentiras e a incapacidade dos 3 alcaldes»

    Porque para Cochón o estado do Pazo reflicte o que sucede dentro da Casa Consistorial, onde os concelleiros e concelleiras membros do goberno non asisten ós plenos, as comisións informativas ou aos consellos municipais. O grupo maioritario da corporación, o Partido Popular manifesta continuamente en sede municipal a falta de respecto e compromiso dun goberno que non asume as súas funcións encomendadas, coa responsabilidade que merece servir aos veciños e veciñas de Poio.

    Por ese motivo Cochón lamentou que a Sra. Besada se atreva a falar de “mantemento constante dos edificios”... «Se o Pazo está moito pior que o día da sua entrega no ano 2011», porque agora consta de zonas moi deterioradas pola falta de mantemento: as terrazas con maleza, fiestras estragadas, humidades, e un longo etcétera.

    VIAL DO VAO

    Con respecto do vial alternativo de O Vao, Cochón recalcou «ninguén cre xa unha palabra do PSOE e dos 3 alcaldes», que agora piden que a Xunta impulse o proxecto e “xa se encarga o Concello de Poio dos realoxos do Vao”: «En serio? Do mesmo xeito tan fructifero como anos atrás cando non foron capaces de realoxar a 2 familias, van realoxar agora a máis de 6?»

    Cochón recalcou que o tempo no que a veciñanza de Poio non coñecía as mentiras e as trapalladas do goberno de Lores, Besada e Díaz xa pasou: «Poden insistir o que eles queiran pero a imaxe dos 3 Alcaldes cultivarona eles mesmos, a base de mentiras, falla de xestión, irresponsabilidade e falta de respecto polos veciños e pola institución que representan».

Add comment


Security code
Refresh