O PP critica os orzamentos “anti provincia e anti concellos” da Deputación para o próximo ano

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP critica os orzamentos “anti provincia e anti concellos” da Deputación para o próximo ano

    • Jorge Cubela denuncia que “fomentan o desequilibrio da provincia e para o único que foron feitos é para a promoción política de Carmela Silva, coa gran desaparición do BNG”.
    • “Estes orzamentos son indefendibles, non se entende como subindo os gastos do orzamento total cada vez se reducen máis os fondos do Plan Concellos”.
    • “PSOE e BNG están sós, este orzamento tampouco conta co apoio de ningún dos catro sindicatos que teñen representación na Deputación”.

    3

    1, outubro, 2019.- O grupo provincial do Partido Popular denunciou que o orzamento que a Deputación de Pontevedra presenta para o ano 2020 son “anti provincia e anti concellos” xa que, sinala “fomentan o desequilibrio da provincia, non contan cos concellos, nin cos alcaldes nin cos colectivos e para o único que foron feitos é para a promoción política de Carmela Silva, coa gran desaparición do BNG”.

    Foi durante a rolda de prensa que os voceiros provinciais, Jorge Cubela e Pepa Pardo, ofreceron esta mañá xunto aos deputados Elena Estévez e Alejandro Lorenzo. “Non entendemos os aires de satisfacción do PSOE e BNG ao presentar uns orzamentos que claramente son anti provincia e anti concellos”, sinalou Cubela, que dixo que “Carmela Silva está ensimismada na súa xestión, pero o certo é que o reflexo da xestión de calquera administración son os orzamentos e os que ela presenta incrementan o gasto corrente en máis de 3 millóns de euros, o gasto de persoal aumenta en 2,2 millóns e, ademais, destinan 3,5 millóns para a promoción de Carmela Silva”.

    Cubela lamentou que no orzamento provincial non se recolla ningunha partida para dar resposta á demanda da comarcalización dos bombeiros, para a que están de acordos todos os alcaldes dos concellos implicados e independentemente da súa cor política, pero sobre todo criticou que baixa en 1,2 millóns de euros os orzamentos do Plan Concellos, que para 2020 ten reservados 42,2 millóns mentres que en 2019 foron 43,4. “Estes orzamentos son indefendibles, as Deputacións están para atender aos pequenos e medianos concellos. Non se entende como subindo os gastos do orzamento total, cada vez se reducen máis os fondos do plan concellos”, engadiu.

    Por iso lamentan os populares “que Carmela Silva aplique a lei do máis forte” como esencia da súa xestión. “Mentres os concellos recibimos menos cartos, hai 3,5 millóns para dar bombo á presidenta e o gasto corrente aumenta en 3,6 millóns de euros”. A este respecto, sinalaron que xa o propio informe do interventor advirte, de novo, que a capacidade da Deputación para financiar investimentos podería ser mellor se non se aumentara o gasto corrente. Así, dos 161 millóns de euros do orzamento, 110 millóns son para gasto corrente.

    FOGOS DE ARTIFICIO PARA UNHA EXECUCIÓN INFERIOR AO 50%

    Cubela tamén se referiu na súa intervención ao feito de que cada ano a Deputación executa menos do 50% do orzamento. “Por iso este orzamento non deixa de ser fogos de artificio. Consideran e anuncian a bombo e platillo diversas partidas que, finalmente, non se materializan en feitos concretos”. Ademais, criticou que de todo o orzamento as porcentaxes máis baixas son nos capítulos 6 e 7, o que supón un baixísimo grado de execución dos investimentos propios dos concellos.

    O voceiro do PP tamén criticou que o PSOE rexeitase sentarse cos populares para falar dos orzamentos. “Aplican a lei do máis forte, din que con 16 deputados non se sentarían en ningún caso con nós. Pero o certo é que PSOE e BNG están sós, porque este orzamento tampouco conta co apoio de ningún dos catro sindicatos que teñen representación na Deputación”.

     Por iso, concluíu, “son uns orzamentos anti provincia e anti concello, pero tamén engadimos, anti diálogo e anti traballadores. Porque no único que é coherente este Goberno  é, precisamente, nisto. Cero diálogo, cero xestión e cero proxecto de provincia”.

Add comment


Security code
Refresh