Os 3 alcaldes non apoian a urxencia para condenar a violencia en Cataluña e solidarizarse cos Polícias e Gardas Civís veciños de Poio desplazados

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Os 3 alcaldes non apoian a urxencia para condenar a violencia en Cataluña e solidarizarse cos Polícias e Gardas Civís veciños de Poio desplazados

    • Tras os graves disturbios producidos en Cataluña nos últimos días, o PP propuxo unha declaración urxente de apoio ás FCSE, especialmente aos axentes veciños de Poio e os desprazados desde a Comandancia situada no noso concello.
    • Para o PP, este é un «feito inédito e vergonzoso en Galicia», xa que numerosos plenos municipais e provinciais aprobaron parecidas declaracións urxentes, en particular co apoio do PSOE.
    • A popular Maritxe González alerta especialmente da covardía do PSOE, que de novo volve a someterse aos ditados nacionalistas para «non poñer en risco as nóminas», o único que une a este goberno.
    • González lamenta a radicalización do BNG, cuxa dirección autonómica chamou a sumarse ao “Tsunami” violento (caracterizado como “organización terrorista” polas Forzas de Seguridade) que provocou danos enormes en toda Cataluña e atacou con especial virulencia aos membros das FFCCSS, moitos deles galegos.
    • Para os populares, esta é outra mostra de que o BNG de Poio sempre ponse de lado dos nacionalistas violentos cataláns e non dos propios policías galegos, e sempre preferirá impoñer o nacionalismo antes que buscar solucións aos problemas dos veciños de Poio.

     

    31 de outubro de 2019. A raíz os graves disturbios producidos en Cataluña desde a publicación da sentenza do “procés” dictada polo Tribunal Supremo, o PP propuxo no pleno municipal de novembro unha declaración urxente de apoio ás FCSE, moi especialmente aos axentes galegos feridos así como os veciños de Poio, tanto da Policía Nacional como os desprazados desde a Comandancia situada no noso concello, dos que os populares teñen coñecemento de case 20 casos.

    Rematada a quenda de asuntos ordinarios, a concelleira María José “Maritxe” González pediu a aprobación dunha moción urxente “en apoio e recoñecemento das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, especialmente os veciños de Poio”.

    González xustificou a aprobación de urxencia da moción, dado que cando comezaron os disturbios e cando acadaron unha gran virulencia, xa rematara o prazo de presentación ordinaria de mocións para a súa inclusión na comisión informativa correspondente, polo que «esta moción é un exemplo perfecto de presentación por urxencia» e en ningún momento pensaron que os 3 alcaldes se negarían a debatir o texto, xa que en numerosos plenos municipais e provinciais se aprobou a urxencia de mocións parecidas.

    A concelleira popular lamentou particularmente a actitude “covarde” do PSOE, que intentou impedir incluso que os populares leran os términos da declaración ou xustificasen a urxencia.

    Para González, a única estratexia do PSOE no pleno de Poio é a sumisión completa aos ditados do BNG para «non poñer en risco as nóminas», o único que une a este goberno.

    A concelleira popular lamentou tamén a radicalización do BNG, cuxa dirección autonómica chamou a sumarse ao “Tsunami” violento, que o propio Ministerio do Interior dirixido polo PSOE caracteriza como “organización terrorista”, e mesmo Luciano Sobral firmou manifestos en calidade de “alcalde” e participou en manifestacións a favor destes violentos, do Tsunami, así como de persoas condenadas por delitos gravísimo e que provocou danos enormes en varias poboacións catalás, atacando de forma especial aos membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, moitos deles galegos, como o policía vigués pai de dous fillos que os violentos deixaron en coma.

    «Millóns de euros en destrozos, saqueos, lumes, sabotaxes...» explicou González, pero ademais atacaron aos nosos axentes e veciños con ácido, con pirotecnia, adoquíns... con case 300 funcionarios feridos. E a Luciano Sobral, Chelo Besada e Silvia Díaz non lles parece urxente, porque como sabemos o único urxente para os 3 alcaldes é cobrar e subirse o soldo.

    González recordou ademais que moitos destes axentes, os destinados ou residentes na Comandancia situada en Poio, son «específicamente os nosos veciños e veciñas», xa que viven e traballan en Poio, así como multitude de Policías Nacionais, de modo que con esta decisión os 3 alcaldes non só están faltando ao respecto a funcionarios que garanten o cumprimento da lei e o exercicio dos nosos dereitos e liberdades, senón que néganse a apoiar a veciños de Poio»

    Por este motivo, González indicou que se o BNG de Poio prefire poñerse do lado dos nacionalistas violentos cataláns e non dos propios policías galegos e poienses, confírmase o que o PP denunciou en numerosas ocasións, que o BNG de Poio «sempre preferirá impoñer o nacionalismo antes que buscar solucións aos problemas dos veciños de Poio».

Add comment


Security code
Refresh