Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • María Ramallo: “En política, se non sabes pactar, non tes nada que facer”

    • A cabeza de lista ao Congreso participou nun almorzo económico xunto ao número 1 ao Senado, Javier Guerra, co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, como anfitrión
    • Guerra: “En economía o máis importante é xerar confianza e ser previsible. Como vas confiar nun Goberno que mente, como o de Pedro Sánchez?”

     

    30 outubro, 2019.-  A cabeza de lista ao Congreso, María Ramallo, criticou hoxe a parálise e inacción do Goberno de Pedro Sánchez. “En política, se non sabes pactar, non tes nada que facer”. Fíxoo nun almorzo económico con empresarios e colectivos de Sanxenxo, no que tamén participou o cabeza de lista ao Senado, Javier Guerra, e no que o alcalde da localidade, Telmo Martín, fixo de anfitrión.

    “A política é xestionar e botar horas. Non é saír na tele nin facer espectáculo. A política é achegarse á xente, dar solucións e resolver problemas”, sinalou Ramallo, quen criticou a deixadez de Sánchez á hora de formar goberno. “Pasaron o verán non se sabe onde e acordaron en setembro de que tiñan que pactar. Pero Cataluña non se vai solucionar sóa e as cifras de emprego non se van solucionar soas”.

    Ramallo recordou que os concellos e deputacións levan meses traballando mentres o Goberno segue paralizado e os problemas se enquistan. “Están ocultando a crise e por este camiño non imos ben. Barcelona está convertida nun campo de batalla. Por que non actúa o Goberno en Cataluña? Porque Pedro Sánchez precisa a ERC para ser presidente”.

    Pola súa parte, Javier Guerra, fixo fincapé en temas económicos e de emprego. “En economía o máis importante é xerar confianza e ser previsible. Como vas confiar nun Goberno que mente, como o de Pedro Sánchez? A propia Unión Europea díxolle que as súas previsións económicas eran falsas”.

    O cabeza de lista ao Senado, quen pediu que ninguén veña darlle leccións ao Partido Popular sobre a defensa de España, recordou que o PSOE tampouco soubo ver a crise que Zapatero negaba en 2008 e recalcou que, en economía, como en medicina, “é mellor previr que curar”.

    O propio Telmo Martín tamén aludiu a que xa ninguén discute que hai unha desaceleración na economía mundial e europea, especialmente. Se a partir do 10N, España ten un goberno do Partido Popular, tomaranse as medidas necesarias para que esta desaceleración non se converta nunha recesión. Se polo contrario, se nega esta situación, como xa fixo o PSOE no ano 208, teremos problemas similares aos que tivemos por aquel entón. Sobre Ramallo e Guerra, insistiu na súa experiencia na política local como un valor a exportar a política nacional.