En Poio «Os 3 alcaldes buscan impoñer o sentido único na Barca de forma covarde»

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • En Poio «Os 3 alcaldes buscan impoñer o sentido único na Barca de forma covarde»

    • O PP lamenta que no pleno deste martes os 3 alcaldes «foron incapaces de mirarlles á cara aos veciños e dicirlles claramente que non implantarán o sentido único».
    • Antes da votación, o voceiro popular Ángel Moldes pediu aos 3 alcaldes que dixesen claramente se a súa proposta era doble dirección ou sentido único «e foi un momento moi triste e unha falta absoluta de respecto aos veciños e ás formas democráticas que nin sequera contestasen a pregunta»
    • O popular Sergio Pereira agradece a presenza da veciñanza no pleno, que así puideron ver a forma de actuar dos 3 alcaldes: «Onte tiveron a oportunidade de explicarlles á cara aos veciños o que queren facer pero apostaron pola covardía. Esta é a transparencia e a participación que prometían?»

     

    30 de outubro de 2019. O PP acusou aos 3 alcaldes de buscar impoñer o sentido único na Barca de forma covarde, despois de que durante a sesión plenaria deste martes, BNG, PSOE e Avante Poio utilizaran unha «vergoñenta argucia» para evitar votar a proposta do PP instando ao goberno municipal a manter o dobre sentido da circulación na Ponte da Barca, na Avenida da Barca e nas inmediacións.

    O concelleiro do PP, Sergio Pereira, que se encargou de defender a moción, lamentou que os 3 alcaldes «foron incapaces de mirarlles á cara aos veciños e dicirlles claramente que non implantarán o sentido único», polo que queda demostrado que a súa intención é impoñer esa medida “de forma covarde”, unha intención recollida no “Plan de Mobilidade Sostible” aprobado no pleno extraordinario de setembro cos únicos grupos de Sobral, Besada e Díaz, así como en numerosas declaracións, e que foron incapaces este martes de desmentir fronte a máis dunha docena de veciños da zona que acodiron ao salón de plenos.

    Pereira denunciou que os 3 alcaldes «foron tan covardes que para non falar do sentido único que queren poñer na Barca, presentaron unha enmenda de forma torticeira para falar do Bao, de Albar, de Campelo... de calquera cousa menos da Barca», o que non casa de ningunha maneira coa “rexeneración democrática”, coa “transparencia” ou a “participación veciñal” que, segundo dicían, ía inspirar este goberno e a que «xa ningúen dá ningún crédito e aínda non pasaron 4 meses».

    Pereira subliñou o comportamento antidemocrático e a covardía dos 3 alcaldes, xa que «os veciños da Barca foron ao Pleno para presenzar o debate sobre o tráfico na Barca, pediron claridade, solicitaron unha aclaración das intencións do goberno e os 3 alcaldes furtáronlles o debate. Que forma de faltar ao respecto aos veciños é intentar por todos os medios que non se poida debatir sobre o obxecto das mocións que se presentaron e que se lle comunicaron á veciñanza?».

    O popular ademais subliñou o intento por todos os medios por parte do PP de garantir o dereito dos veciños a obter información, cando antes de que se votase un acordo distinto ao que levaba a moción, o voceiro popular Ángel Moldes pediu directamente aos 3 alcaldes que dixesen claramente se a súa proposta era doble dirección ou sentido único «e foi un momento moi triste e unha falta absoluta de respecto aos veciños e ás formas democráticas que nin sequera contestasen a pregunta e pasasen directamente á votación duns acordos que non tiñan nada que ver cos que constaban na orde do día do pleno».

    Pereira aproveitou para recalcar a importancia de que se retransmitan as sesións do pleno «para que todos os veciños poidan comprobar as cacicadas e as formas de actuar antidemocráticas dos 3 alcaldes», que chegan ao punto de impedir o debate das propostas da primeira forza política incluso diante dos propios afectados.

    De todos modos, o concelleiro popular agradeceu a presenza da veciñanza no pleno, que así puideron ver a forma de actuar dos 3 alcaldes: «Onte tiveron a oportunidade de explicarlles á cara aos veciños o que queren facer pero apostaron pola covardía. Esta é a transparencia e a participación cidadá que prometían? Está claro que cos 3 alcaldes a transparencia, a participación, o respecto á oposición e aos veciños, e mesmo ás formas democráticas non solo non melloraron senón que foron a peor. A única diferencia é que agora os veciños pagan 3 soldos de alcalde».

Add comment


Security code
Refresh