O PP pide que se respecten a seguridade e accesibilidade das persoas na mellora no entorno do CEIP, gardería e polideportivo de Vila de Cruces

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP pide que se respecten a seguridade e accesibilidade das persoas na mellora no entorno do CEIP, gardería e polideportivo de Vila de Cruces

    • Critican a postura do alcalde, que quere cambiar o proxecto inicial para dar máis importancia aos vehículos que aos peóns.
    • Recordan á Deputación que si cambia o proxecto inicial estarían incumprindo os requisitos marcados nas bases da convocatoria do DepoRemse polas que foi seleccionado para recibir fondos da institución provincial.

     

    30, outubro, 2019.- Deputados provinciais do Partido Popular piden ao Goberno Bipartito da Deputación de Pontevedra que respecte o proxecto inicial para mellorar a mobilidade e seguridade viaria no solo urbano de Vila de Cruces, no que se prioriza a seguridade e accesibilidade das persoas fronte ao tráfico rodado no entorno do CEIP, da gardería e do polideportivo de Vila de Cruces.

    Tras a intención amosada polo actual alcalde deste concello de cambiar o proxecto inicial para dar máis importancia aos vehículos que aos peóns, e crear máis prazas de aparcamento neste entorno, o deputado provincial do Deza, Luis López, e o voceiro popular de Vila de Cruces, Jesús Otero, recordan que este proxecto vai ser financiado con cargo ao plan DepoRemse da Deputación, e as bases puntuaban de xeito claro a accesibilidade e a prioridade dos peóns, polo que de modificarse o proxecto estaríase incumprindo os requisitos marcados nas bases da convocatoria polos que foi seleccionado. Nesta liña, aclaran que dos 48 proxectos presentados a estos fondos provinciais, só se seleccionaron 31.

    Jesús Otero destaca que “estamos falando dunha zona especialmente sensible, con moito movemento de peóns, principalmente nenos, en hora punta, polo que é fundamental priorizar a súa seguridade fronte ao tráfico e crear máis prazas de aparcamento neste entorno o que faría sería atraer aínda máis coches”.

Add comment


Security code
Refresh