Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP DE SILLEDA DENUNCIA O MAL ESTADO NO QUE SE ENCONTRA O APARCADOIRO DAS FERVENZAS DO TOXA

    • O acceso esta ateigado de fochancas que fai imposible chegar ata o aparcamento sen ter que meter o coche nelas, e todo elo a pesares de que aínda non escomezou o inverno.
    • As propias zonas reservadas para o aparcamento, se encontran en moi mal estado, con celosías focas e chea de maleza.
    • Para Ignacio Maril, resulta incrible que fai pouco máis dunha semana o Alcalde e Tenente de Alcalde se achegasen ata este punto a sacarse unha fotografía presumindo dunha inversión da Xunta, e non fixeran nada para solucionar a situación.
    • “O único que lle importa son as fotos e andar de viaxe, e non pensan nas consecuencias e na imaxe que da o Concello descoidando unha zona vital para o noso turismo.
    • O voceiro do Partido Popular, esixeu o goberno municipal, que destine de inmediato os recursos necesarios para solucionar esta situación.

     

    Silleda, 29 de outubro de 2019.- O Partido Popular de Silleda denunciou o mal estado no que se encontra o aparcadoiro da fervenza do Toxa, tanto no seu acceso como no interior do propio aparcamento.

    Os populares sinalaron que o acceso esta ateigado de fochancas que fai imposible chegar ata o aparcamento sen ter que meter o coche nelas, e todo elo a pesares de que aínda non escomezou o inverno, polo que a situación irá agravándose se non se toman medidas rápidamente.

    O abandono e o deterioro tamen se deixa ver no propio recinto do aparcamento, onde o firme tamén se encontra nunha situación delicada en varios puntos, e a pesar da época na que nos encontramos xa se notan os efectos das escorrentías.

    Dende o Partido Popular tamén chamaron a atención de que as propias zonas reservadas para o aparcamento, se encontran en moi mal estado, xa que as celosías instaladas no chan ademáis de encontrarse moitas delas focas, o que supón un grande risco de esbaramento ou de retorcer un pe para a xente que pasa por elas para chegar ata os automóviles, tamén se encontrá en moitos puntos cuberta xa totalmente polas herbas e a maleza. “Vemos novamente como unha instalación que non ten nin dous anos se vai deteriorando moi rápido pola falta de mantemento por parte do Concello, o que non é de recibo despois da inversión que gracias a outras administracións se acometeu neste punto.”

    O voceiro do Partido Popular, Ignacio Maril, denunciou tamén que “Resulta incrible que fai pouco máis dunha semana o Alcalde e Tenente de Alcalde se achegasen ata este punto a sacarse unha fotografía presumindo dunha inversión da Xunta, e non fixeran nada de inmediato para solucionar o estado no que se encontra o aparcamento. Pasaron por encima das fochancas, buscaron un sitio sen maleza para sacala foto, e marcharon sen importarlle o máis mínimo o estado no que se encontraba o aparcamento e a imaxe que lle damos os turistas que se achegan a ver un dos símbolos do noso Concello. Queda claro que o único que lle importa son as fotos e andar de viaxe, e non pensan nas consecuencias e na imaxe que da o Concello descoidando unha zona vital para o noso turismo.”

    Dende as filas populares o seu voceiro, reprochoulle o goberno municipal a súa actitude e esixeu que se destinen de inmediato os recursos necesarios para adecentar o aparcamento e para solucionar as deficiencias que ten agora mesmo, rellenando os buratos das celosías, e solucionando os graves problemas que ten o acceso do aparcamento.