O PP  presenta alegacións para evitar inxerencias políticas na elección do novo consello asesor do Museo de Pontevedra

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP  presenta alegacións para evitar inxerencias políticas na elección do novo consello asesor do Museo de Pontevedra

    • Propoñen establecer criterios e baremo de selección dos vocais, para garantir que estean incluídos os mellores nos seus ámbitos culturais, académicos ou profesionais.
    • Defenden que o Museo de Pontevedra debe contar cun regulamento á altura do seu prestixio.
    • Piden eliminar as indemnizacións e restrinxir as sesións a distancia.

     

    28, outubro, 2019.- O grupo provincial do Partido Popular presentou varias suxestións e alegacións ao novo regulamento do Museo de Pontevedra para evitar inxerencias políticas na elección do novo consello asesor. Así o explica o voceiro do PP, Jorge Cubela, que defende que “o importante é que o Museo conte cun regulamento que estea á altura do seu prestixio, porque o que propón PSOE e BNG non o está, é un regulamento pobre, con moitas lagunas e aberto a unha total inxerencia política”.

    Por iso, os populares propoñen establecer criterios de selección e baremo das persoas que van ser designadas como vocais. “O artigo 8 recolle que van ser nomeados mediante Resolución da Presidencia, a proposta da Dirección do Museo, pero nada se di sobre que criterios e baremo se van seguir para valorar os méritos e garantir que os mellores nos ámbitos cultural, profesional ou académico formen parte do consello. Establecer un baremo de selección é fundamental para garantir a meritocracia e evitar a dedocracia”, explica Cubela.

    Ademais, entenden que é importante “que haxa unha representación proporcional da sociedade pontevedresa e profesionais vinculados ao arte e á arquitectura. “Refírense a persoas de relevancia no mundo cultural, académico ou profesional, pero sería importante garantir unha representación proporcional”, engaden. 

    Outra das suxestións propostas polo PP é suprimir a indemnización equivalente a unha comisión informativa, incluídas no punto 5 do artigo 11, e establecer a gratuidade. Asemade, tamén consideran que é fundamental restrinxir as sesións a distancia, que na proposta do Goberno se contempla como unha posibilidade en calquera caso, para promover a participación presencial e que as distancias sexa en casos específicos, como por exemplo baixa por embarazo, baixa por maternidade ou paternidade ou en caso de enfermidade.

    Ademais, desde o PP tamén piden ao Bipartito da Deputación que se aclaren co que queren facer co Museo de Pontevedra. “Temos a unha presidenta que reclama a súa transferencia mañá, tarde e noite, e un vicepresidente que propón a creación de consellos asesores. Deben aclararse sobre cal é o seu proxecto para o Museo”, reclaman.

Add comment


Security code
Refresh