Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Ramallo pon o exemplo da peaxe de Redondela para recordar que o PSOE non deu unha soa boa nova á provincia

    • A cabeza de lista pola provincia ve a Pedro Sánchez superado polos acontecementos en Cataluña e manda un agarimoso saúdo a Iván Álvarez, o policía galego ferido
    • Definiu a Javier Bas como “o mellor alcalde da historia de Redondela” e mostrou o seu orgullo por compartir a candidatura ao Congreso con el
    • Bas reivindica os seus 8 anos como rexedor e recrimina ao Goberno que se esquecera dos proxectos para Redondela

     

    25, outubro 2019.-  A cabeza de lista do Partido Popular pola provincia de Pontevedra, María Ramallo, puxo hoxe o exemplo da peaxe de Redondela para recordar que o PSOE non deu nin unha soa boa nova á provincia de Pontevedra. Fíxoo nun ateigado mitin na localidade no que acompañou ao presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e ao número 3 da lista, o ex alcalde de Redondela, Javier Bas.

    Ramallo dirixiuse ao propio Bas ao recordar o proceso seguido para a supresión da peaxe: “Todo o que ti e o Partido Popular de Redondela pelexastes para que fose gratuíto. Quedou todo listo. Deixámoslles a pelota na liña de gol. Só tiñan que empuxala e non foron capaces. Neste ano e medio nin un paso adiante. Non me cansarei de dicilo: o PSOE non deu nin unha boa nova á provincia de Pontevedra neste ano e medio. Nin unha soa”.

    Ramallo fixo unha acendida defensa do municipalismo e recordou que tódolos membros da candidatura ao Congreso foron ou son concelleiros. “Tódolos concellos e deputacións están constituídos desde xuño, con goberno e funcionando. Por que iso non ocorreu no goberno de España, qué egos e cálculos nos teñen levado a outras eleccións?”.

    Tamén aludiu á situación de Cataluña para certificar que Pedro Sánchez está sobrepasado e tivo un agarimoso saúdo para Iván Álvarez, o policía nacional da Comisaría de Vigo que resultou gravemente ferido durante os disturbios. “Hai que darlles as forzas e corpos de seguridade do Estado as ferramentas necesarias para a nosa seguridade”.

    O número 3 da lista, Javier Bas, definiu a Ramallo como a mellor elección para encabezar a candidatura. “O seu éxito é o éxito da modestia, da sinxeleza e do saber escoitar”. Tamén tivo palabras para o cabeza de lista da candidatura ao Senado, Javier Guerra. “Cando unha empresa de Redondela estaba a piques de marchar da nosa vila, deixando na rúa a centenares de traballadores, Javier Guerra implicouse connosco, e xuntos conseguimos que seguise aquí. Grazas a iso, hoxe continua dando traballo a mais de 300 familias de Redondela”.

    Bas puxo como exemplo a súa xestión como alcalde de Redondela durante oito anos e recriminou ao PSOE que a parálise do Goberno teña metido nun caixón numerosos proxectos para o municipio, como as obras de mellora en Chapela pola ampliación da AP9, a ponte de Trasmañó ou as actuacións en seguridade viaria na estrada N-555.