Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP critica as mentiras dos alcaldes socialistas sobre o compromiso e os investimentos da Xunta no Val Miñor

    • “Cos datos, oír falar de investimento 0 no Val Miñor é unha inxustiza e non se corresponde coa realidade”, sinala o deputado autonómico Alberto Pazos.
    • Só co Fondo Local, Gondomar recibiu desde 2017 1,9 millóns de euros “incondicionalmente”; Baiona, 1,6 millóns e Nigrán, 1,2 millóns.
    • Ángel Rodal referiuse aos preto de 2 millóns de euros que actualmente se están executando en Baiona con fondos autonómicos.
    • Paula Bouzós recorda a sentencia do Tanque de Tormentas, que deixa aos veciños de Gondomar sen investimento, sen proxecto e con débeda.

     

    24, outubro, 2019.- Os voceiros do Partido Popular dos concellos de Gondomar, Baiona e Nigrán, Paula Bouzós, Ángel Rodal e Carlos Abal, e o deputado autonómico Alberto Pazos, desmentiron esta mañá “con cifras e realidades as informacións falsas” sobre o compromiso da Xunta co Val Miñor.

    Así o explicou Alberto Pazos, que dixo repectar a liberdade de opinión, “pero entendemos que non hai que faltar á verdade e podemos esixir que se informe aos veciños con veracidade”. Ademais, entendou como “unha mala costume valorar os orzamentos en función dos grandes investimentos, sen ter en conta outras partidas menores pero moi importante”. Por iso, engadiu, “facendo un repaso polo orzamento da Xunta para o ano 20 e o dos últimos anos, é suficiente para demostrar o compromiso do Goberno galego co Val Miñor”.

    A parte dos investimentos que xa se recoñeceron en Baiona, da presa de Baíña e do bombeo de Santa Marta, “que son máis de 400.000 euros de investimento en servizos fundamentais”, Pazos indicou que hai que falar doutros investimentos importantes. Para Gondomar máis de 230.000 euros para poñer en funcionamento o Centro de Saúde deste concello, “unha obra esencial” para todos os veciños. Ademais, “parece que se lle pasaron por alto outros investimentos en promoción turística, xa que esta comarca vai recibir máis de 160.000 euros; ou en ensino, 137.000 euros este mesmo ano e axudas de 27.000 euros para as bibliotecas escolares”.

    Outros compromisos que non se valoraron axeitadamente  a xuízo dos populares, foron os 110.000 euros que van recibir os CIM da comarca, fundamentais para prevención da violencia machista. En materia de seguridade, destacan que a Mancomunidade do Val Miñor recibiu unha pickup, remolque de emerxencias, embarcación, remolque de salvamento e unha moto acuática, “que dista moito de ser considerada unha actuación menor e abandono da responsabilidade da xunta con esta comarca”.

    Tamén destacou o deputado autonómico o “importante esforzo que se fixo este ano para cumprir cunha reclamación importante, conseguindo liberar a parte nocturna das peaxes por valor de 660 mil euros para este ano. Importante porque afecta directamente á seguridade viaria, especialmente da xente nova, porque permite circular por vías seguras”.

    Cos datos, dixo, “oír falar aos alcaldes de investimento 0 no Val Miñor é unha inxustiza e non se corresponde coa realidade”. E, apuntou, “aínda son máis graves as declaración do alcalde de Gondomar, do señor Ferreira, dicindo que non recibiu nada da Xunta desde 2007”. Ao respecto, explicou que “pode ser que a estes alcaldes que participaron este fin de semana nese aquelarre socialista municipal que se celebrou en Vilagarcía se lles quentase a boca, pero en ningún caso xustifica a mentira”

    Así, Pazos sinalou que a xunta, ademais de facer estes investimentos, “tamén paga aos profesores do Val Miñor, aos médicos, ás ambulancias, o gasto dos centros sanitarios e todas as pequenas cousas que permiten que os cidadáns reciban os seus servizos básicos cada día”. E, a maiores, a Xunta pon a disposición dos concellos o fondo de cooperación local, “un fondo sen condicións nin limitacións” que os concellos poden usar para todo aquelo que queiran. A través deste fondo, apuntou, Gondomar recibe cada ano o 6,8% do orzamento total deste concello. Desde 2017, 1,9 millóns de euros “incondicionadamente”. Nese mesmo período, Baiona recibiu 1,6 millóns de euros, e Nigrán, 1,2 millóns de euros.

    “Falsean os datos da Xunta, pero calan sobre outras administracións que si están agraviando aos veciños do Val Miñor. Cantos destes alcaldes reclamaron ao Goberno de Pedro Sánchez o que lles debe a estes concellos e deputacións en concepto de entregas a conta e das mensualidades do ive? Cartos que nos nega a todas as administracións públicas e veciños o Goberno de España”, concluíu o deputado autonómico.

    BAIONA

    Pola súa parte, Ángel Rodal destacou que o “máis importante son os feitos”, e referiuse aos preto de 2 millóns de euros que actualmente se están executando en Baiona con fondos autonómicos. Como exemplos, citou as melloras no colexio de Cova Terreña, cun investimento de 1,2 millóns de euros; na antiga Colexiata, con preto de 500 mil euros; os 50.000 euros en megafonía e maquinaria no pavillón; ou o transporte metropolitano, que recibe anualmente 150.000 euros. Ademais, recordou que neste concello o Goberno rexeitou unha subvención tramitada polo PP para crear un parque de ocio e deportivo na zona da Ladeira, cun investimento de 75.000 euros e que ía ser subvencionado ao 80% pola Xunta. “É a primeira vez que se rexeita un investimento e despois critican que non reciben, pero os feitos están aí”.

    NIGRÁN

    No que se refire a Nigrán, Carlos Abal desmentiu o “investimento cero” da Xunta. Aclarou que, con respecto á rúa Otero Pedraio, “na última conversa coa consellería, o alcalde indicou que ía solicitar directamente a transferencia para facer ese proxecto con fondos propios do concello, polo que agora non ten sentido que reclame á Xunta algo que faría cos seus propios medios”. Con todo, o PP entende que a mellor opción para mellorar esta estrada é facelo de forma conxunta entre as dúas administracións.

    No que respecta ao emisario submarino, Abal sostén que “non é normal dicir que se fixeron xestións cando o único que se fixo ao respecto é enviar un informe á xunta”.

    GONDOMAR

    Para Paula Bouzós é “triste que non se recorde nin recoñeza todo o que se investiu en Gondomar”, e puxo como exemplos a reforma do auditorio, as melloras nos colexios e infraestruturas, praza de abastos, melloras na estradas e a previsión para o próximo ano de mellorar a estrada PO331 da Pasaxe e a conexión do polígono coa AG57 e a PO331.

    Ademais, criticou ao alcalde pola súa xestión ao respecto do transporte metropolitano. “En 2015 votou en contra dunha bonificación para as familias e os menores. Sobre o novo proxecto que sacou a Xunta este ano, as únicas alegacións que fixo este Goberno foi pedir que se amplíe o prazo para presentar as novas alegacións e, a seguinte, que se retire o proxecto. Non parece ser consciente de que si se retira o proxecto, Gondomar non vai ter transporte en 2020”. Para Bouzós, “o proxecto da Xunta presenta un beneficio para os veciños de Gondomar, que levan 5 anos sen poder disfrutar dese aforro ás familias. Un beneficio que suporía aos mozos de ata 19 viaxar gratis, e tamén un aforro importante para as familias que utilizan o autobús diariamente, ata 800 euros anuais. Un aforro moi importante”.

    Por último, non quixo esquecerse “da sentencia que temos que pagar todos os cidadáns do tanque de tormentas, un investimento da Xunta de 3 millóns de euros que o alcalde paralizou en 2015. E isto ten unhas consecuencias. A primeira, que o concello ten que pagar 2 millóns de euros. De onde vai sacar eses cartos? Saben os veciños canto lle vai a custar esa decisión? Porque quedamos sen investimento, sen proxecto e cunha débeda”.