Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP anuncia unha campaña a pé de rúa para poñer fin á parálise de Sánchez

    • Rueda: “A xente está cansa, pero sobre todo está cansa de non ter un Goberno. Este ano e medio o PSOE non deu unha soa boa nova para a provincia de Pontevedra”
    • Ramallo: “Queremos unha campaña pegada aos concellos, os que si souberon poñerse a funcionar e xestionar fronte aos xogos do Partido Socialista de Sánchez”
    • Guerra: “A situación económica que temos nun futuro próximo é de incertidume e crise. Negalo de novo, como fixo Zapatero hai 10 anos, non vai traer nada bo”

     

    23 de outubro, 2019.-  O Partido Popular fará unha campaña electoral de cara ao 10-N a pé de rúa e cun carácter claramente municipalista que poña fin á parálise da etapa de Pedro Sánchez na Moncloa. Así se transmitiu hoxe no Comité de Dirección do Partido Popular da provincia de Pontevedra ao que asistiron os principais membros da candidatura aos comicios.

    O presidente provincial, Alfonso Rueda, recoñeceu o fartura da poboación, que vai ter que votar por terceira vez en tres anos debido a inestabilidade protagonizada por Pedro Sánchez. “A xente está cansa, pero sobre todo está cansa de non ter un Goberno”, afirmou.

    Durante a reunión, Rueda puxo varios exemplos do negativa que resultou a etapa de Sánchez para Pontevedra. “Neste ano e medio non se deu nin unha soa boa nova para esta provincia”, afirmou, e puxo seis exemplos para demostralo: acoso ao sector industrial, negativa a pagar a débeda de 700 millóns con Galicia de forma íntegra, e paralización de proxectos fundamentais como a supresión da peaxe de Vigo a Redondela, a circunvalación de Pontevedra, o nó de Bombeiros e a autovía Vigo-O Porriño. “Non escoitamos a ningún socialista desta provincia queixarse ou reclamar nada destes temas. Así mal se poden defender os intereses de Pontevedra”.

    A cabeza de lista ao Congreso, María Ramallo, recordou a necesidade de escoitar a alcaldes e portavoces do partido. “Queremos unha campaña pegada aos concellos, os que si souberon poñerse a funcionar e a xestionar fronte aos xogos do Partido Socialista de Pedro Sánchez”.

    Ramallo anunciou visitas a concellos que son exemplo de xestión do Partido Popular na provincia, como Cerdedo-Cotobade, Moraña, Mos, Sanxenxo, Lalín ou A Estrada, visitas nas que se contará coa presenza de alcaldes e portavoces da contorna.

    Tamén anunciou a presenza o sábado 2 do presidente nacional, Pablo Casado, a un acto multitudinario en Lalín, e a celebración dun almorzo de corte económico e de emprego en Pontevedra ao que asistirá o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

    Precisamente á economía e ao emprego se referiu o cabeza de lista ao Senado, Javier Guerra, quen lamentou o empeño de Pedro Sánchez de non tomar medidas que anticipen os problemas que han de chegar en breve. “A situación económica que teremos nun futuro próximo é de incertidume e crise. Negalo de novo, como fixo Zapatero hai 10 anos, non vai traer nada bo”.

    Sobre a campaña en Vigo, Guerra confirmou días intensos nos que se visualizará que a recuperación do partido é innegable, incluído un mitin que contará con Alberto Núñez Feijóo. “Os cambios, o impulso e a unificación do partido xa se notan na rúa e no cariño da xente. O PP está de volta e os vigueses xa o están percibindo”.