Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Os 3 alcaldes evitan responder ás dúbidas dos veciños sobre o aparcamento en Campelo e só amosan un informe policial

    • O concello achega un informe da policía local como única resposta ás preguntas sobre a instalación de “sinais” simuladas, un pivote e formigonado para impedir o estacionamento na rúa Beiramar.
    • O informe inclúe o atestado dunha intervención policial o 11 de setembro a instancias da oficina técnica municipal “para comprobar a realización dunha obra -de ampliación da beirarrúa- sen licencia” paralizando a obra “ata a obtención da licencia correspondente”.
    • Rocío Cochón di estar máis sorprendida todavía ao comprobar que hai máis dun mes xa había informes sobre este asunto no Concello pese ao que o concelleiro delegado de Urbanismo Gregorio Agís dixo “non ter coñecemento desta problemática”.
    • Os populares piden respostas claras dos responsables políticos xa que o informe «non contesta as preguntas que formularon os veciños» e recorda aos 3 alcaldes que gobernar non é agacharse e cobrar a nómina, senón «atender aos veciños e solucionar problemas».

     

    23 de outubro de 2019. O PP de Poio fixo público este mércores o informe que lles achegou o goberno municipal como única resposta, ata o momento, ás preguntas dos veciños sobre a problemática do aparcamento na rúa Beiramar, en Campelo.

    Na comisión de Urbanismo da semana pasada, o PP trasladou unha serie de preguntas sobre a situación do estacionamento á altura do número 20 de dita rúa, onde os populares formularon as seguintes cuestións ao presidente da Comisión, o socialista Gregorio Agís:

    Cal é o estado da solicitude presentada polo veciño J.A.T. o pasado 10 de outubro en relación á situación do aparcamento na rúa Beiramar nº 20, en Campelo, onde hai instalado un instalado un pivote e 2 carteis simulando sinais de tráfico que advirten dunha teórica prohibición de aparcar (adxúntase foto).

    En relación ao mesmo lugar, como pode comprobarse nas fotografías, realizouse unha obra consistente en “ampliar” o ancho da beirarrúa mediante formigonado, así como a instalación dun pivote simulando tamén delimitar unha zona de aparcamento restrinxido, ambas as actuacións levadas a cabo, aparentemente, en dominio público. Preguntamos se o concello concedeu licencia para esa obra?

    Por último, e en relación a ese mesmo asunto, este grupo pregunta cal é a situación do aparcamento nese lugar, e se existe algunha restricción para estacionar. En caso de existir, en virtude de que normativa ou acordo dun órgano de goberno e en caso de non existir que se vai facer con respecto a esas sinais simuladas?

    Esta semana, os populares recibiron como resposta a copia dun informe realizado pola policía local o día 18 de outubro, co seguinte texto:

    Informe: O día 11 de setembro de 2019, na quenda de mañá, recíbese requerimento da oficina técnica para comprobar unha obra sen licencia na rúa Beiramar, que os axentes (nº de identificación) emiten informe da identificación da obra e do promotor e propietario, consistente en ampliación da beirarrúa, presentando aos axentes unha autorización da Deputación de Pontevedra, e sin que conste licencia do Concello, manifesta a intención de solicitar a licenza correspondente. Paralizando voluntariamente as obras.

    Que se tramitou a denuncia a disciplina urbanística e á oficina técnica do concello co número de Xestiona #### para o trámite correspondente.

    É de significar que non se pode estacionar sobre as beirarrúas, nin o titular da vivenda nin o denunciante”.

    O informe inclúe copia do atestado policial da citada intervención o 11 de setembro, onde co asunto “Obra sin licencia rúa Beiramar”, detalla que “Se recibe aviso del arquitecto del Concello informando de que en la rúa Beiramar se está llevando a cabo una obra con licencia de la Diputación pero sin licencia del Concello. A la llegada de la patrulla se comprueba que se está realizando la obra de ampliación de la acera exterior del edificio, por lo que los agentes identifican a la persona que está realizando la obra, siendo esta D. ###, teléfono ####, nacido el ###, DNI ###, domicilio ###, que manifiesta que la está realizando porque tiene permiso de la diputación que tiene hecha solicitud por vía telemática pero no presenta autorización del concello y manifiesta a su vez que paraba la obra hasta que tenga resolución de urbanismo”.

    O atestado inclúe fotografías tomadas o propio día 11 de setembro nas que, pese ao recollido no informe sobre a paralización da obra, pode observarse que nese momento non había pivote ou formigonado.

    O informe tampouco contesta a práctica totalidade das preguntas dos veciños trasladadas polos populares na Comisión, sobre os sinais, o pivote e o formigonado, sobre os permisos das obras (máis aló de que no momento da intervención policial non había dito permiso) e sobre a situación do estacionamento, xa que no momento en que se toman as fotografías, había coches estacionados na marxe da calzada.

    Nese sentido, Cochón dixo estar máis sorprendida todavía ao comprobar que, ademais da solicitude de información dos veciños e a propia pregunta do Partido Popular, hai informes, atestados, solicitudes da oficina técnica e unha denuncia en disciplina urbanística... desde hai máis dun mes, e aínda así cando o PP fixo a pregunta o pasado día 15 de outubro o concelleiro delegado de Urbanismo Gregorio Agís dixo “non ter coñecemento” desta problemática.

    Por este motivo, Rocío Cochón pide unha resposta clara ás dúbidas da veciñanza por parte dos responsables políticos do Concello, xa que este informe «non contesta as preguntas que formularon os veciños», denunciando que os 3 alcaldes continúan usando as mesmas tácticas dilatorias e de opacidade que nos últimos 25 anos «sen dar respostas nin aos veciños nin á oposición» e sen decatarse de que «gobernar non é só subirse e cobrar as nóminas, senón solucionar problemas e atender ás demandas e necesidades dos veciños».