Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • GASTO RÉCORD NO Porriño EN CARGOS DE CONFIANZA E GABINETE DE PRENSA

    • O executivo socialista aprobou o gasto de 38.000 euros para a prestación do Servizo de Gabinete de Prensa e Comunicación polo prazo dun ano
    • Os populares preguntan á Alcaldesa se en realidade está a contratar o Gabinete de Comunicación do Psoe do Porriño, ante a continua utilización das redes sociais institucionais e Web Municipal como plataformas de ataque ao Partido Popular
    • O goberno que preside Eva García de la torre destinará 120.000 euros anuais ás nóminas de dous cargos de confianza e un xornalista

     

    O Porriño, 22 de outubro de 2019.- Os populares lamentaron hoxe que os problemas reais dos veciños e veciñas do Porriño non se atopen entre as prioridades do goberno socialista, que sigue aumentando a nómina dos cargos de confianza e comunicación. 

    O goberno que preside Eva García de la Torre destinará 120.000 euros anuais a tales efectos en lugar de invertilos na mellora do municipio e no benestar dos cidadáns. 

    Ás seis dedicacións exclusivas súmanse así dous soldos máis correspondentes a contratos políticos. "Pese a terse comprometido en pleno a que tan só se contrataría a unha persoa de confianza, son dous os contratos de tipo político que se manteñen. Eva García debería sopesar se é necesario que os porriñeses soporten estes gastos", denuncia o voceiro popular, Alejandro Lorenzo. 

    Ademais, nun despilfarro impropio dunha administración eficiente e eficaz, o executivo socialista ven de aprobar o gasto de 38.000 euros para a prestación do servizo de gabinete de prensa e comunicación por prazo de un ano. "O gasto neste concepto case triplica ao do goberno municipal do PP. Dous meses antes das eleccións municipais, agotada xa a lexislatura, contratou os servizos de `asesoramento de comunicación´ por  3.500 euros mensuais. Esta mesma persoa continuou facturando a razón de 2.200 euros mensuais tras as eleccións. Agora, pretende licitarse por unha cantidade desmesurada este contrato.", continúa Lorenzo. "O `bombo e platillo´ que o Goberno Municipal dá á súa escasa actividade municipal sae do bolsillo dos porriñeses. Con centos de facturas sen pagar, unha retención de crédito por máis de 4 millóns de euros e incumprindo todos os requisitos de estabilidade orzamentaria, o erario público a maquillar a imaxe da Alcaldesa e dos seus concelleiros. É inaceptable".

    Ante a falta de publicidade do Goberno Municipal a esta oferta, os populares informan que todos aqueles/as interesados/as na oferta , poden consultar os pregos e os prazos da licitación no seguinte enlace: https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=606225&lang=gl