Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP presenta a Jesús Sueiro como “a persoa de garantías” que dirixirá o par-tido en Meaño

    • Alfonso Rueda valorou “o paso valente” do novo presidente da Xestora: “A súa experiencia é moi importante sabendo a responsabilidade que asume”
    • Sueiro: “Nacín en Meaño, vivín en Meaño, a miña nai e a miña familia son de Meaño, teño negocio en Meaño... Non tiven que pensalo demasiado. É un proxecto ilusionante”

     

    18 outubro, 2019.-  O presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda, presentou hoxe a Jesús Sueiro como novo presidente da Xestora do PP en Meaño despois da expulsión do partido de Carlos Vieitez por faltas de deslealdade e desobediencia. “Fixemos un movemento rápido e eficaz. Xa tiveramos que facer algo parecido hai dúas semanas co cambio da cabeza de lista ao Congreso. As cousas saíron ben daquela e atopamos a María Ramallo, unha persoa de moitísimas garantías. Creo que neste caso Jesús Sueiro reúne esas mesmas condicións”, afirmou Rueda.

    Sueiro sucede na Xestora a Lourdes Ucha, que esta mesma semana presentou a súa dimisión xunto ao seu secretario, José Ramón Gondar. O presidente provincial cualificou a decisión de Sueiro de  “paso valente”, e destacou a experiencia de goberno do novo presidente da Xestora. “É moi importante sabendo a responsabilidade que asume, que é a de representar ao partido máis importante de Galicia”.

    Sueiro, pola súa parte, afirmou que foi unha decisión rápida: “Eu nacín en Meaño, vivín a metade da miña vida en Meaño, a miña nai e miña familia son de Meaño, teño negocio en Meaño e nunca me desvinculei de Meaño. Non tiven que pensalo demasiado. Para min é un proxecto diferente e ilusionante.”, sinalou.

    De cara ao futuro, anunciou unha rolda de contactos a dous niveis. “A nivel interno vou falar cos militantes, para poñerme a súa disposición e explicar o que pretendemos facer en Meaño. Espero contar con tódolos afiliados e simpatizantes”. Esa ronda estenderase posteriormente ao tecido asociativo de Meaño. “Clubs, asociacións e colectivos. Quero falar con todos”, finalizou Sueiro.