O PP de Poio insta aos 3 Alcaldes a que se comprometan a garantir a dobre dirección na Avenida da Barca e Ponte da Barca

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Poio insta aos 3 Alcaldes a que se comprometan a garantir a dobre dirección na Avenida da Barca e Ponte da Barca

    • O concelleiro popular por San Salvador, Sergio Pereira, presentou na Comisión de Facenda do pasado mércores una moción para garantir a dobre dirección na Avenida da Barca, Ponte da Barca e inmediacións da zona co fin de levala ao pleno deste mes de outubro.
    • «Xa foron moitos os intentos do goberno de Poio de impoñer o sentido único na Ponte da Barca e na Caeira, en moitas ocasión para contentar ao Sr. Lores, e so o rexeitamento veciñal frearon este desexo do BNG e do PSOE», destaca Pereira.
    • «Se os 3 Alcaldes queren respectar a vontade da veciñanza de San Salvador o teñen moi fácil: votar a favor desta moción que pretende garantir o dobre sentido de circulación na Avenida da Barca e inmediacións, de non ser así demostrarían que o único que pretenden é compracer ao Sr. Lores e a Pontevedra», destaca Pereira.

     

    18 de outubro de 2019. O concelleiro popular por San Salvador, Sergio Pereira, presentou na Comisión de Facenda do pasado mércores una moción para garantir a dobre dirección na Avenida da Barca, Ponte da Barca e inmediacións da zona co fin de levala ao pleno deste mes de outubro.

    «Xa foron moitos os intentos do goberno de Poio de impoñer o sentido único na Ponte da Barca, na Barca e na Caeira, en moitas ocasión para contentar ao Sr. Lores, e so o rexeitamento veciñal frearon este desexo do BNG e do PSOE», destaca Pereira.

    Os populares presentan esta moción porque os 3 Alcaldes no Pleno de setembro aprobaron un Plan de Mobilidade Urbana Sustentable que incorpora unha medida a corto prazo que consiste na dirección única na Avenida da Barca: «Pedímoslle aos 3 Alcaldes que rectifiquen e que supriman a ficha do Plan de Mobilidade que, de xeito claro, di que a Avenida da Barca será de dirección única xa que iso a día de hoxe é unha aberración e un gran trastorno para miles de veciños e veciñas xa que non hai unha alternativa viaria», destaca Pereira.

    «Se os 3 Alcaldes queren respectar a vontade da veciñanza de San Salvador o teñen moi fácil: votar a favor desta moción que pretende garantir o dobre sentido de circulación na Avenida da Barca e inmediacións, de non ser así demostrarían que o único que pretenden é compracer ao Sr. Lores e a Pontevedra», destaca Pereira.

    Os populares insisten en que ata que non haxa vial alternativo, falar de sentido único é unha broma del mal gusto para toda a veciñanza de Poio… xa non so de San Salvador.

    «Por que tanta insistencia coa dirección única se saben que non é viable? Por que teñen que contentar ao Sr. Lores en detrimento da veciñanza de Poio? É inadmisible e inentendible o facer destes 3 Alcaldes», conclúe Pereira.

     

Add comment


Security code
Refresh