Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Partido Popular de Tomiño califica de preocupante a situación das obras do campo de fútbol do Alivio.

    • A situación xudicial na que se encontran as obras perxudicará de forma drástica os clubes usuarios e no remate das obras.

     

    Tomiño, 18 de outubro de 2019.- O portavoz municipal do PP de Tomiño, Esteban Gonz Miranda, califica a situación das obras de mellora no campo de fútbol do Alivio de preocupantes dada a situación de inseguridade e sin data de remate.

    As obras comezaron no mes de xuño cunha previsión de estar rematadas en 3 meses. As cousas complicanse as poucas semanas  cando a empresa encargada dos desterros do campo planta as obras, por unha situación de impagos por parte da empresa adxudicataria da obra; conseguindo así retrasos que chegan a dia de hoxe.

    A situación xudicial na que se encontran a día de hoxe preocupa a clubes e veciños pola incertidumbre sobre o remate das obras.

    Non vale xustificar estes retrasos coa escusa de que as melloras que os clubes pediron despois de presentar un proxecto, xa cerrado; cando estas melloras  podianse levar a cabo ao remate das obras licitadas; e así non alargar os prazos de finalización das obras a empresa adxidicataria.

    O Partido Popular lamenta que esta situación perxudique economicamente os clubes de fútbol, que ven mermados os seus ingresos de forma notable sen darlle unha solución e sobre todo un prazo fiable do remate das obras para volver a normalidade.