Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • María Ramallo resalta a política de proximidade e a xestión como valores ante a falta de actividade do Goberno socialista

    • Critican que Fomento non está cumprindo o convenio asinado coa Deputación para musealizar e sinalizar os castros da provincia, como no caso do Monte do Facho, en Cangas.

     

    17, outubro, 2019.- A candidata número 1 do PP de Pontevedra ao Congreso, María Ramallo, resalta a importancia da política de proximidade e da súa experiencia na xestión municipal como valores nun momento crítico como o actual, de grande inestabilidade e falta de iniciativa do Goberno socialista.

    Foi durante a xuntanza que o grupo provincial do Partido Popular mantivo o mércores pola noite en Bueu con representantes da comarca do Morrazo. Ademais de María Ramallo, da voceira local e deputada provincial, Elena Estévez, e dos voceiros do PP na Deputación, Jorge Cubela e Pepa Pardo, asistiron varios deputados provinciais como Alejandro Lorenzo, Paz Lago, Javier Tourís, Luis López, Miguel Domínguez e Carmen Amoedo. Asemade, tamén participaron Jose Enrique Sotelo, presidente local de Cangas; Pilar Rojo, candidata ao Senado, e concelleiros de toda a comarca.

    Na xuntanza, que se enmarca dentro dunha rolda que o grupo provincial está a facer por toda a provincia para poñerse a disposición de alcaldes e voceiros do partido, denunciaron que Fomento non está cumprindo o convenio asinado coa Deputación de Pontevedra para musealizar e sinalizar os castros da provincia, como o caso do Monte do Facho, en Cangas. Neste sentido, Jorge Cubela lamenta o silencio cómplice de Carmela Silva que a piques de rematar o convenio que asinaron para poñer en valor os 18 castros da provincia _31 de outubro_, non está cumprindo coa súa parte. “Hai un atraso importante, en moitos castros da provincia xa está actuando a maleza e todo o traballo de limpeza feito ata o de agora corre serio risco”, sinala o voceiro provincial.

    Nesta liña, cuestiona que “cando Fomento non podía intervir porque a Deputación aínda non rematara a súa parte, Carmela Silva iniciou unha campaña de confrontación política e de acusacións permanentes. E agora, que os castros si están esperando a musealización que ten que facer Fomento, Carmela Silva cala. Que cambiou? Que antes o PP gobernaba en Madrid e agora está tapando a falta de xestión de Pedro Sánchez e do PSOE”.

    Por último, Cubela explica que “o que buscamos con estas reunións é canalizar as iniciativas dos concellos para que teñan eco na Deputación”, sinala Cubela, que recorda que o Partido Popular é a única formación que ten deputados de todos os partidos xudiciais. “Iso permítenos ter unha visión completa de toda a provincia, desde os concellos de costa aos de interior, desde as cidades e vilas ata os concellos pequenos”.

    Así, tanto él como a propia alcaldesa de Marín e número 1 ao Congreso, reivindicaron ademais a importancia que as deputacións teñen para os pequenos e medianos concellos da provincia. Por iso, sinalou Cubela, desde o PP seguiremos reclamando un trato igualitario para todos os concellos, porque desde que goberna o Bipartito na Deputaicón, os pequenos e medianos concellos continúan perdendo peso”.