O PP VOLVE SOLICITAR A INSTALACION URXENTE DUNHA MARQUESINA EN CASALVITO

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP VOLVE SOLICITAR A INSTALACION URXENTE DUNHA MARQUESINA EN CASALVITO

    • Os populares fanse eco novamente das demandas dos veciños de Casalvito e particularmente os pais dos nenos «que non poden seguir agardando o bus escolar baixo a choiva ou chegar a clase pingando por culpa da incapacidade dos 3 alcaldes» e piden unha solución neste punto facéndoa extensiva ao resto de lugares do concello coa mesma problemática.
    • Rocío Cochón pide unha actuación inmediata e destaca que tanto pais e alumnos, por escrito e presencialmente, como o grupo municipal do PP solicitaron a instalación deste elemento en numerosas ocasións obtendo falsas excusas ou o silencio por resposta: «que clase de goberno non atende as peticións de pais e nais sobre a seguridade dos seus rapaces?».
    • Ante o silencio e a inactividade de BNG, PSOE e Avante Poio, os populares suxírenlles que «se non teñen cartos para facelo, utilicen o plan concellos, ou pidan axuda a outras administracións» pero teñen que facer fronte ás súas responsabilidades, porque «gobernar é máis que cobrar as nóminas».

     

    15 de Outubro de 2019. O Partido Popular volveu solicitar esta mañá na Comisión Informativa de Urbanismo a instalación dunha marquesiña na parada de bus de Casalvito, facéndose eco dunha demanda histórica dos veciños e particularmente dos pais e alumnos usuarios do bus escolar, que extenden ao resto de lugares do concello coa mesma problemática.

    Cochón recordou que tanto os pais e alumnos da zona, por escrito e presencialmente, como o grupo municipal do PP solicitaron a instalación deste elemento en numerosas ocasións, unha demanda que se repite aínda con máis insistencia en canto chega a temporada de choiva, e subliñou que «os nenos de Casalvito non poden seguir agardando o bus escolar baixo a choiva ou chegar a clase pingando por culpa da incapacidade dos 3 alcaldes».

    A popular indicou que tras conversar con afectados estes confirmaron que presentaran numerosas solicitudes por rexistro, e outras tantas de forma presencial a Luciano Sobral e membros do goberno ao longo dos últimos anos, sen que nada dese resultado, polo que non descartan que máis adiante poida haber mobilizaciónse outro tipo de iniciativas, xa que «que clase de goberno non atende as peticións de pais e nais sobre a seguridade dos seus rapaces?».

    Cochón recordou que no anterior mandato ela mesma xa trasladara a solicitude veciñal e pedira a instalación deste elemento nese mesmo lugar, «e botaron balóns fóra con falsas excusas botándolle a culpa a outras administracións, dicindo que non tiñan cartos e mesmo que non había sitio para poñela», é dicir, como levan facendo 25 anos para non asumir as súas responsabilidades. «Hoxe ante a petición simplemente quedaron calados, que é a única maneira que teñen de non mentir», subliñou Cochón, «porque saben que ninguén os cre, pero o seu silencio tampouco soluciona os problemas dos veciños de Poio».

    Para Cochón «é absolutamente intolerable que só en Casalvito máis dunha ducia de nenos e nenas de Poio agarden cada mañá á intemperie para ir a clase» e esixiu unha actuación inmediata, tamén no resto de lugares de Poio con este problema: «Se por culpa da súa desastrosa xestión económica non teñen cartos para exercer as súas competencias, utilicen o Plan Concellos, pidan unha subvención ou soliciten axuda a outras administracións, pero fagan fronte ás súas responsabilidades».

    A popular rematou esixindo a BNG, PSOE e Avante Poio que ademais de subirse o soldo, endebedar a veciñanza, recortar axudas ou facer todo o posible para que os veciños e a oposición non teñan información transparente «adiquen un pouco do seu tempo a solucionar os problemas dos veciños porque gobernar é máis que cobrar as nóminas».

Add comment


Security code
Refresh