O Grupo Municipal do Partido Popular de Tomiño cualifica de improvisación as obras que se están realizando na alameda de Goián.

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Grupo Municipal do Partido Popular de Tomiño cualifica de improvisación as obras que se están realizando na alameda de Goián.

    •  Esta situación provocará que os alumnos/as do CEIP Pintor Antonio Fernández non poidan realizar actividades físico deportivas no pavillón.

    Tomiño, 03 de outubro de 2019.- Esteban González Miranda, portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular de Tomiño considera que as obras que se están a levar a cabo na alameda de Goián denotan unha gran falta de planificación e como consecuencia diso os alumnos/as do colexio Pintor Antonio Fernández desta parroquia non poderán realizar as actividades físico deportivas no pavillón.

    Segundo informou o portavoz popular, a “alcaldesa, Sandra González e o concelleiro de urbanismo Uxío Benítez tomaron, de xeito unilateral, a decisión de demoler as escaleiras que os alumnos/as utilizan para acceder ao pavillón sen antes acordalo coa propia dirección do centro educativo e sen nin sequera ofrecer algunha alternativa.

    Tamén se pregunta este Grupo municipal se antes de levar a cabo ditas obras cóntase coa autorización preceptiva da Consellería de Educación por afectar as devanditas obras a terreos afectados e destinados ao uso educativo.

    Os populares tachan esta actuación de “irresponsable e soberbia” e engaden que “ignora” o lexítimo interese da administración educativa de ser coñecedora das obras que se pretenden levar a cabo nos terreos afectados polo uso educativo e que non son competencia municipal.

    “Polo que vemos, terá que ser a petición da administración educativa cando a señora alcaldesa e o concelleiro de urbanismo se aveñan a dar explicacións tratando de xustificar unhas obras que non estaban previstas e que só se xustifican por unha falta de planificación”, engadiu González Miranda.

    “Ao mesmo tempo consideramos que pode existir unha gran indefensión nos propietarios dos terreos lindeiros ao facerse a modificación puntual do PXOM e establecer área de repartición”, rematou o portavoz popular lamentando “unha vez máis, que o goberno municipal dea mostras da súa improvisación e falta de xestión”.

     

Add comment


Security code
Refresh