O PP apoia as reivindicacións da Plataforma contra o desmantelamento da comisaría de Redondela

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP apoia as reivindicacións da Plataforma contra o desmantelamento da comisaría de Redondela

    • A número 1 ao Congreso, María Ramallo, e a voceira local do partido, Carmen Amoedo, reuníronse esta mañá cos seus representantes.
    • “Hai que mellorar, é un servizo público moi ben acollido e recoñecido pola cidadanía e é importante melloralo entre todos, é a nosa obriga”.

     

    11, outubro, 2019.- A número 1 ao Congreso polo PP de Pontevedra, María Ramallo, reuniuse esta mañá con representantes da Plataforma contra o desmantelamento da comisaría de Redondela. Tras a xuntanza, á que tamén asistiu a voceira local do partido, Carmen Amoedo, María Ramallo resaltou que se trata dunha demanda xusta, e que é importante tomar medidas e realizar xestións para que sexan tidas en conta.

    Neste sentido, destacou que mentres noutras comisarías a dificultade nos últimos anos estaba en cubrir as vacantes de persoal, o problema de Redondela é totalmente diferente, xa que “están implantando un modelo totalmente diferente ao que tiñan ata o de agora”. Por iso entende que as reclamacións da plataforma son “totalmente xustas. Queren que se fidelice ao persoal, e que se manteñan tanto os axentes como os servizos que se prestaban en Redondela”. Para Ramallo, “é un bo momento para comprometernos entre todos e inverter esta tendencia. Hai que mellorar, é un servizo público moi ben acollido e recoñecido pola cidadanía e é importante melloralo entre todos, é a nosa obriga”.

    Nesta liña tamén se pronunciou Carmen Amoedo, que destacou a importancia de “apoiar á plataforma e defender a comisaría de distrito que reclaman”. Ademais, recordou que “nuns meses Redondela veu desaparecer os operativos da Policía Nacional, temos servizos mínimos pero sen cubrir as necesidades de Redondela. Non pode ser que o cuarto concello da provincia sexa un apartado pequeno da comisaría de Vigo-Redondela. Temos que ter exactamente os mesmos efectivos e servizos que había antes, persoas que coñecían perfectamente o noso territorio e que cando había unha chamada de auxilio xa estaban en Redondela, non había que esperar a que unha patrulla saia de Vigo e que non haxa outra emerxencia nesa cidade. Non coñecen as nosas parroquias, os nosos barrios, as nosas rúas”. Nesta liña, tamén criticou á alcaldesa, “pecha a porta, non atende, non recibe nin defende as necesidades de Redondela”.

    Por último, Álvaro Bastos, en representación da Plataforma, agradeceu o apoio dos populares e pediu “que  nos devolvan aos 12 policías que se levaron e, ademais, que Redondela volva a ter os 30 efectivos que había ao principio. A cuarta poboación da provincia o necesita. Insistiremos ata recuperar o que tiñamos e que se levaron dun xeito vergoñento e lamentable”. Como exemplos, sinalou que “Redondela non pode estar esperando dous ou tres meses para facer un DNI e ter que facelo en dúas veces; non pode ser que non teña polas tardes un servizo de denuncias porque non hai persoal suficiente; ou que o coche patrulla salga desde Vigo e non coñeza as rúas de Redondela. Gústanos a policía de proximidade e iso non o temos agora mesmo”. 

Add comment


Security code
Refresh