Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PORRIÑO, SEN TIMÓN NIN RUMBO

     

    O Porriño, 11 de outubro de 2019.-  O voceiro do grupo municipal do Partido Popular do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado polos concelleiros Abel Estévez e Bienvenido Estévez, compareceu hoxe ante os medios para valorar a actualidade municipal pasados os cen días "de gracia" dende que se conformara o novo executivo socialista aupado polos grupos do BNG, EU SON e o concelleiro do grupo mixto, Manuel Carrera.

    O edil apuntou que dende a investidura non se notou cambio algún na corporación.  Nada novo en políticas dirixidas a benestar social, ningún proxecto dos que precisa O Porriño, ningunha iniciativa en materia de emprego nen política algunha algunha para solucionar os problemas reais dos veciños e veciñas do municipio. En definitiva,  "un goberno continuísta e sen ningún impulso político centrado en mellorar as súas condicións persoais e non a vida dos cidadáns aos que representan".

    "Non se aportou nada novo respecto aos catro anos anteriores nos tres meses que levamos de lexislatura. Tan só destaca o somentento de BNG, EU SON e Manuel Carrera, que respaldan sen condicións a un executivo que incumpliu todas as condicións que lles `impuxeran´ para vender o seu apoio á cidadanía", valorou Lorenzo, "Neste momento O Porriño non ten Alcalde nin un goberno ao frente, e así se sinte na rúa. Eva García está a desatender as súas funcións amparada polos grupos que hai uns meses condenaban as mesmas actitudes.  O Concello vai sen timón nin rumbo nun momento no que a grave situación financieira e a sombra da corrupción poñen freo ao progreso do noso municipio e a prestación de servizos nun futuro".

    E é que tres meses despois de anunciar o "novo goberno de progreso", o Concello continúa dirixido por 4 concelleiros dos 17 que conforman a corporación. "Estanse a rir dos cidadáns, hai que decilo con total rotundidade", incidiu Alejandro Lorenzo, "Destinan adicacións exclusivas e cargos de confianza aos concelleiros do BNG sen formalizar coalición algunha. Adícase máis tempo a negociar quen se queda con qué que a xestionar o Concello".

    O voceiro dos populares destacou que o executivo socialista continúa a levar a cabo un despilfarro impropio dunha administración eficiente e eficaz. "Os problemas reais dos porriñeses non se atopan entre as prioridades do goberno municipal, que sigue aumentando a nómina dos cargos de tipo político, destinando, por exemplo, 120.000 euros anuais a cargos de confianza e comunicación en lugar de invertilos na mellora do municipio e na calidade de vida dos cidadáns. A alcaldesa e os seus oito compañeiros de goberno deberían sopesar se é preciso que os porriñeses soporten estes gastos".

    E é que dende que arrancara esta lexislatura, nun Concello con máis de 5 millóns de pago pendente a provedores e ás portas da intervención con 4 millóns de euros retidos, o Goberno Municipal limitouse a cargar ao erario público a maquillaxe da imaxe da Alcaldesa e dos seus concelleiros e a compra de coches de alta gama para uso dos concelleiros e concelleiras, así como para outros técnicos e traballadores municipais gastando máis de 600.000 euros. "Se algo está claro é que ás prioridades deste executivo non coinciden en absoluto coas da veciñanza", lamentou Lorenzo.

    DISPOSTOS A TOMAR AS RENDAS DA XESTIÓN

    Ante a pasividade do Goberno e os seus socios, os populares, como grupo maioritario da corporación local, dispóñense a marcar o camiño da xestión municipal e tomar as rendas dun Concello gobernado por un executivo pasivo e inoperante para evitar máis anos perdidos, apelando á responsabilidade do resto dos grupos.

    "No que vai de ano tan só se realizou un pleno ordinario dos nove acordados e este, non incluía ningunha proposta do Goberno Municipal", explicou Lorenzo, "A non realización das sesións é algo habitual nos últimos anos e a falta de xestión, compromiso e iniciativas ponse de manifesto cando non se xenera contido que resolva os problemas dos veciños. Hai unha falta total de xestión  por parte do Goberno Municipal e limitanse a votar balóns fora culpando da mesma ao persoal do Concello, ao Partido Popular acusándonos de bloqueo, á falta de persoal... o que sexa en lugar de admitir que están de brazos cruzados".

    Con tal motivo, os populares veñen de solicitar un pleno extraordinario para abordar, dunha vez por todas, cuestións de relevancia que levan anos pendientes. Entre outros puntos, poñen sobre a mesa e propoñen que se inicien procedementos de licitación de servizos que se están a realizar xerando facturación irregular de maneira sistemática dende hai anos:

    • Xestión do Servizo Público da Piscina Municipal e outras actividades.
    • Xestión do servizo de recollida e transporte de resíduos sólidos urbanos
    • Servizos de Administración e Mantemento Integral dos equpos informáticos, asistencia e apoio técnico en tarefas de Administración de Xestión informática
    • Servizo de Telecomunicacións/Telefonía fixa e móbil, acceso a intertet e SMS do Concello
    • Subministración de enerxía eléctrica
    • Servizos con video acta, retransmisión en directo e vídeo baixo demanda das sesións plenarias.

    Asimesmo, solicitan a comparecencia da concelleira de Economía e Facenda, Lourdes Moure Varela,  sobre a súa xustificación e proposta para o contrato de arrendamento de 25 vehículos polo sistema de renting por valor de 627.602,80 euros. Os populares piden explicacións sobre a necesidade desta licitación que parece ter prioridade sobre outras pendentes dende hai anos e para a que "non existe bloqueo algún". Piden tamén explicacións sobre quen vai usar cada coche e a relación de gastos no parque móbil dende o ano 2010 ao 2019.

    Loures Moure deberá comparecer tamén ante o pleno para dar conta da compra de catro locais na rúa Antonio Palacios  por valor de 565.00 euros e un local para a Aula UNED por importe de 2716.342 euros máis 261.800 euros en reforma,  ambos comprados á mesma entidade inmobiliaria. Cabe destacar que para abonar estes gastos retiráronse os fondos destinados a outras cuestións de urxencia, como a reordanación das rúas Coruña e Pontevedra. Estas adquisicións fixéronse de xeito directo e totalmente arbitrario apelando á "idoineidade" dos mesmos e deixando sen oportunidade de ofertar a outros particulares e inmobiliarias locais.