Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • AGRELAR VOTA EN CONTRA DA FINANCIACIÓN DAS OBRAS DE MELLORA DO SANEAMENTO NO CAMIÑO GRANXA-CABEZUDOS E DO DRENAXE E PAVIMENTACIÓN DO CAMIÑO PEDREIRA-CABEIRAS

    • O Goberno do PP de Arbo, aprobou, cos votos en contra de AGRELAR, a modificación de crédito necesaria para financiar a achega municipal acordada nun convenio asinado coa Xunta de Galicia que permitirá acometer as obras de mellora de infraestruturas de saneamento no camiño Granxa-Cabezudos e o drenaxe e pavimentación do camiño Pedreira-Cabeiras.
    • No mes de abril AGRELAR tamén votou en contra da compra do restaurante "Arboreda" para albergar un Centro Social para a terceira idade e a Gardería Infantil e do incremento da contía das subvencións a todas as asociacións culturais, sociais e deportivas do concello.

     

    Arbo, 10 de outubro de 2019.- O Pleno do Concello de Arbo, aprobou o pasado 9 de outubro nun pleno extraordinario celebrado ao efecto, a modificación de crédito necesaria para financiar a achega municipal acordada nun convenio asinado coa Xunta de Galicia que permitirá acometer as obras de mellora de infraestruturas de saneamento no camiño Granxa-Cabezudos e o drenaxe e pavimentación do camiño Pedreira-Cabeiras, cos votos en contra da Agrupación de Electores de Arbo (AGRELAR).

    O orzamento total do proxecto ascende a 79.989,58 euros, dos que, segundo o convenio asinado, a Xunta de Galicia asume o 75%, cunha achega de 59.992,19 euros, correspondendo o resto do importe ao Concello, 19.997,39 euros, que se financiarán con cargo ao Remanente de Tesoureria do exercicio 2018. No caso de que o Concello de Arbo non financiase a parte acordada no convenio perderíase a subvención e non se poderían levar a cabo as obras proxectadas.

    O Partido Popular considera que a realización destas obras son fundamentais para mellorar as condicións de salubridade e hixiene dos veciños afectados, así como para resolver os problemas de circulación nun vial moi deteriorado, principalmente dende o último temporal.


    O PP de Arbo non entende como pode haber algún grupo político que se opoña a estas medidas que o único que pretenden é cubrir necesidades básicas dos veciños e veciñas, financiadas ademais nunha gran parte pola Xunta de Galicia.


    Esta actitude de rexeitar todas as propostas e proxectos dos gobernos do Partido Popular é a tónica habitual de a Agrupación de Electores, que xa no mes de maio tamén votaron en contra da compra do restaurante "Arboreda" coa finalidade de albergar un Centro Social para a terceira idade e a Gardería Infantil cunhas dimensións adecuadas e nunha ubicación inmellorable e do incremento das cuantías das subvencións a todas as asociacións culturais, sociais e deportivas do concello, para potenciar a súa intensa labor dinamizadora da vila.