Jorge Cubela urxe ao Bipartito da Deputación que liciten a ampliación da estrada entre O Peso e Caroi

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Jorge Cubela urxe ao Bipartito da Deputación que liciten a ampliación da estrada entre O Peso e Caroi

    • Recorda que os concellos de Cerdedo-Cotobade e A Lama xa puxeron a disposición da institución provincial todos os terreos necesarios para mellorar a EP-0307.

    02 outubro, 2019.- O voceiro do grupo provincial do Partido Popular e alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, preguntou ao Goberno Bipartito da Deputación cando se vai licitar a ampliación da estrada entre O Peso e Caroi, que une este concello coa Lama. Foi durante o último pleno provincial, e pediu a máxima dilixencia para dar solución a unha estrada moi deteriorada e que afecta á seguridade viaria dos seus usarios.

    Cubela recorda que os dous concellos xa puxeron a principios de verán a disposición da institución provincial todos os terreos necesarios para mellorar a estrada, condición sinalada polo Bipartito para acometer a obra. O voceiro interesouse polos prazos que manexan desde a institución provincial, xa que “é unha ampliación moi necesaria e fundamental para garantir a seguridade viaria neste lugar”.

    Nesta liña, recordou que a estrada O Peso-Caroi une pequenos núcleos de poboación, moi relacionados entre lees, e esta vía é o único medio de comunicación entre eles, polo que é moi transitada tanto por vehículos como por peóns. Por iso, urxe á Deputación máxima celeridade para que este proxecto sexa unha realidade canto antes.

    Tanto Cubela como o alcalde da Lama, Jorge Canda, cursaron a solicitude da reforma integral deste tramo, de aproximadamente dous quilómetros de lonxitude, hai dous anos e, tras recibir a aprobación por parte da institución provincial, xestionaron cos veciños e propietarios a consecución dos terreos afectados, que foron postos a disposición da Deputación a principios deste verán.

Add comment


Security code
Refresh