Cubela pregunta ao PSOE por que se nega a defender en Madrid os intereses do alumnado e mestres da Escola de Canteiros

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Cubela pregunta ao PSOE por que se nega a defender en Madrid os intereses do alumnado e mestres da Escola de Canteiros

    • Pide a Font que non minta, a moción do PP é clara para reclamar ao Goberno central que actualice o Catálogo Nacional de Cualificacións profesionais.
    • O voceiro do grupo provincial provincial e Ana Pastor reuníronse con representantes da Asociación de Canteiros de Poio.

     

    05, setembro, 2019.- O grupo provincial do Partido Popular reclamará este venres, no pleno da Deputación de Pontevedra, instar ao Goberno central para que actualice o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, e deste xeito, poder homologar as ensinanzas de canteiro e mestre de canteiro que se imparten na Escola de Canteiros de Poio.

    “Non entendemos que problema hai para que PSOE apoie esta solicitude, non entendemos por que se negan a defender en Madrid os intereses do alumnado e mestres”, critica o voceiro do grupo provincial Jorge Cubela, que mantivo unha nova reunión con representantes da asociación de canteiros de Poio á que asistiron, tamén, os deputados nacionais Ana Pastor e Diego Gago, e o voceiro do PP local de Poio, Ángel Moldes.

    Cubela recorda que “quen ten as competencias para facelo é o Estado e, se a Deputación de Pontevedra é a titular da escola, o lóxico e normal é que sexa a institución provincial a que comece as negociacións para que ese catálogo se actualice. Só fai falta vontade política para iniciar o proceso”.

    Por iso, os populares piden ao PSOE que deixen de utilizar a Escola de Canteiros de Poio como arma política para confrontar coa Xunta de Galicia. “Pedímoslle que deixen de manipular, o alumnado e os Mestres quere un título de formación profesional educativa, non unha cualificación profesional, e quen ten competencias para facelo é o Goberno central, non a Xunta”. Nesta liña, explican que para recibir unha cualificación profesional non é preciso estar cinco anos nunha escola. Con traballar nun taller, pagar unhas taxas e presentarse a un exame é suficiente.

    Ademais, piden ao voceiro socialista na Deputación que non minta, porque a moción do PP é moi clara para reclamar ao Goberno central que actualice o catágolo e non á Xunta, como insinuou a través dos medios.

    Con todo, os populares confían en que o Bipartito recapacite e cambie o seu voto no pleno do venres. “En comisións informativas xa votaron en contra da moción, confiamos en que esta semana recapaciten e finalmente apoien unha iniciativa fundamental para o futuro da escola, dos alumnos e dos mestres”.

    Cubela recorda que “a Escola de Canteiros é un buque insignia da Deputación, un centro único en Galicia que conta con grande prestixio e recoñecemento a nivel nacional e internacional e, polo tanto, é fundamental que tamén se plasme este recoñecemento a través dunha titulación específica.

Add comment


Security code
Refresh