Máis de 250 persoas participan no Xantar Popular do PP de Redondela

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Máis de 250 persoas participan no Xantar Popular do PP de Redondela

     

    08, setembro, 2019.- O Partido Popular de Redondela celebrou este domingo o seu Xantar Popular, unha comida de convivencia á que asistiron máis de 250 afiliados e simpatizantes. Xunto á presidenta da xestora, Ana Alonso, ao ex alcalde Javier Bas e á deputada provincial Carmen Amoedo, estiveron outros representantes do partido a nivel provincial, como o presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda; a deputada nacional, Ana Pastor; a deputada autonómica, Marián García, ou o deputado provincial, Alejandro Lorenzo.

    Os populares resaltaron a importancia do traballo en equipo, de seguir facendo o que fai sempre o Partido Popular, que é estar a pé de rúa, escoitar aos veciños e veciñas e defender os seus intereses. Con esta convocatoria, o PP de Redondela dá por inaugurado o inicio do curso político, e xa avanzou que aínda que fará unha oposición totalmente constructiva para que Redondela siga avanzando, non descoidarán a súa responsabilidade fiscalizadora e de control da xestión do Goberno local.

Add comment


Security code
Refresh