Rueda define o inicio de curso político como o pistoletazo de saída dun ano decisivo para Galicia

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Rueda define o inicio de curso político como o pistoletazo de saída dun ano decisivo para Galicia

    • O presidente provincial do PP visitou xunto ao secretario xeral do PPdeG os traballos de montaxe do acto de mañá
    • Os populares agardan a un milleiro de persoas: “Somos o partido máis potente e o que ten unha base fundamental”

     

    6, setembro, 2019.-  O presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda, e o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, visitaron hoxe os traballos de montaxe do acto de inicio do curso político que se celebrará mañá na Carballeira de San Xusto, en Cerdedo-Cotobade.

    Rueda cualificou o acto como o pistoletazo de saída dun ano decisivo para Galicia, que afrontará no prazo máximo dun ano unhas eleccións autonómicas. “Para nós este acto é unha festa e un punto de arranque”, afirmou Rueda.

    O Partido Popular agarda acoller a un milleiro de persoas no inicio de curso político, que contará coas intervencións do presidente do PP, Pablo Casado; o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo; o presidente provincial, Alfonso Rueda, e o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.

    “Imos demostrar que seguimos sendo o partido mais potente de Galicia, o que ten unha base fundamental e que está preparado para afrontar os seguintes retos electorais”, sinalou o presidente provincial, que reprochou a Pedro Sánchez “a parálise” á que ten sometido o Goberno central. “Nós, en Galicia, seguimos traballando”, afirmou Rueda, quen quixo destacar o esforzo de Pablo Casado por estar nesta xuntanza.

    Para o alcalde de Cerdedo-Cotobade, o acto supón “un privilexio” para o seu concello e “un orgullo” contar co presidente nacional: “Agardamos unha boa asistencia”.

    Pola súa parte, o secretario xeral do PPdeG destacou o simbolismo do acto, que definiu como “unha demostración de forza do primeiro partido de Galicia”. “Xa lle gustaría a calquera partido compararse con nós. Somos un partido unido, centrado en mellorar a calidade de vida dos galegos, mentres vemos como o PSdeG se pon do lado de Pedro Sánchez e avala as traicións que o Goberno central está cometendo contra Galicia, especialmente co caso dos 700 millóns”, afirmou Tellado.

Add comment


Security code
Refresh