Para o PP, Chelo Besada xa non insulta so aos concelleiros populares senón tamén aos veciños e veciñas de Poio

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Para o PP, Chelo Besada xa non insulta so aos concelleiros populares senón tamén aos veciños e veciñas de Poio

    • Ao fío das explicacións de Chelo Besada polos insultos vertidos aos concelleiros do Partido Popular de Poio no último Pleno municipal, os populares teñen claro que xa non insulta soamente os concelleiros do PP senón que agora tamén insulta a intelixencia dos veciños e veciñas de Poio
    • «Agora unha das 3 persoas que ostenta a Alcaldía, Chelo Besada, di que “está desexando que se graven os plenos” pero é ela unha das partes culpables de que isto non sexa así xa que este setembro fixo 1 ano que xa tiñan que estar retransmitíndose os Plenos en Poio para así cumprir o acordo plenario unánime a raíz da moción presentado polo PP de Poio e sen embargo, o anterior goberno do que formaba parte e o actual do que forma parte aínda non gastou 1 euro facer este acordo realidade», indica o portavoz popular, Ángel Moldes.
    • Os populares insisten en que por moito que Chelo Besada pretenda deixar de malos aos integrantes do PP de Poio é incapaz de dicir un so insulto proferido por un membro desta formación.
    • Os populares conclúen o comunicado agradecendo que a Alcaldesa Besada fose máis coherente e respectuosa co traballo do grupo maioritario da corporación e cos veciños e veciñas de Poio e facendo a seguinte pregunta: que sucedería se os insultos que nos dirixiu Chelo Besada os fixera un concelleiro o concelleira do PP a ela ou a calquera membro do equipo de goberno?

     

    Poio, 05 de setembro de 2019. Ao fío das explicacións de Chelo Besada polos insultos vertidos aos concelleiros do Partido Popular de Poio no último Pleno municipal, os populares teñen claro que xa non insulta soamente os concelleiros do PP senón que agora tamén insulta a intelixencia dos veciños e veciñas de Poio.

    «Agora unha das 3 persoas que ostenta a Alcaldía, Chelo Besada, di que “está desexando que se graven os plenos” pero é ela unha das partes culpables de que isto non sexa así xa que este setembro fixo un ano desde que xa tiñan que estar retransmitíndose os Plenos en Poio para así cumprir o acordo plenario unánime a raíz da moción presentado polo PP de Poio e sen embargo, o anterior goberno do que formaba parte e o actual do que forma parte aínda non gastou 1 euro facer este acordo realidade», indica o portavoz popular, Ángel Moldes.

    Os populares recordan que ademais desta moción presentada polo PP en febreiro de 2018 para gravar e retransmitir os Plenos, incumprida polo Bipartito e agora polo Tripartito, volveron a instar en 4 ocasións para que se fixera realidade esta proposta e así incrementar a calidade democrática e a transparencia no Concello de Poio, e por último a finais de agosto presentaron unha nova moción esixindo o cumprimento do acordo plenario e a implementación inmediata das retransmisións das sesións plenarias: «O PP presentou 2 mocións, numerosas preguntas e rogos en plenos e comisións para que todos os veciños que queiran poidan presenciar o pleno. BNG, PSOE e Avante Poio en máis de ano e medio non fixeron nada».

    Os populares insisten en que por moito que Chelo Besada pretenda deixar de malos os integrantes do PP de Poio é incapaz de dicir un so insulto que un membro desta formación dixera.

    «Podemos ser intentos, presentar moitos rogos, facer moitas preguntas... xa sabemos que a Chelo Besada moléstalle que fagamos o noso traballo de control e fiscalización xa que nos primeiros dous meses de mandato fixemos xa máis de 40 preguntas, presentamos 3 mocións (que non inclúen nos Plenos), etc. pero é incapaz de dicir un so día en que un membro deste grupo popular dixera un so insulto e esta é a diferencia, ela é a quen insulta –tal e como ela mesma recoñece- e nós os que traballamos», indica o portavoz popular.

    Os populares recordan que cando a Alcaldesa Besada recoñece parte dos insultos xa é un indicador importante e da unha idea da actitude da Alcaldesa durante os últimos meses.

    «Isto xa ven de antes deste Pleno xa que incluso un concelleiro do noso grupo municipal xa lle recriminou con educación que nas pasadas Comisións Informativas a forma que tivo de responder ao traballo do grupo maioritario foi con insultos como “mierdas” ou “imbéciles” e iso é inadmisible xa que non debe confundir que isto é un traballo que facemos para mellorar a vida dos nosos veciños e do noso Concello –tanto o goberno como a oposición- e, aínda que como é normal existan discrepancias, hai que facelo desde o respecto tal e como fai o grupo popular que en ningún caso a insultou a ela nin a outro membro do equipo de goberno», destaca Moldes.

    Os populares conclúen o comunicado agradecendo e esperando que a Alcaldesa Besada sexa máis coherente e respectuosa co traballo do grupo maioritario da corporación e cos veciños e veciñas de Poio e facéndolle a seguinte pregunta: que sucedería se os insultos que nos chamou Chelo Besada os fixera un concelleiro o concelleira do PP a ela ou a calquera membro do equipo de goberno?

Add comment


Security code
Refresh