O PP RECURRIRÁ AO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO PARA QUE SE REVISE A FACTURACIÓN QUE SE DEBE E PAGAR Á TOTALIDADE DOS PROVEDORES

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP RECURRIRÁ AO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO PARA QUE SE REVISE A FACTURACIÓN QUE SE DEBE E PAGAR Á TOTALIDADE DOS PROVEDORES

    • O Goberno Municipal e os seus socios tumbaron a proposta dos populares da revisión da facturación pendente de pago e a elaboración da correspondente proposta de Crédito Extraordinario acompañado dun Recoñecemento Extraxudicial para pagar Á TOTALIDADE dos provedores aos que se lles debe dende hai anos

     

    O Porriño, 4 de setembro de 2019.-  O Goberno Municipal do Porriño votou hoxe en bloque impedir a investigación e revisión dos máis de 5 millóns de euros en facturación irregular pendente de pago e a elaboración da correspondente proposta de Crédito Extraordinario acompañado dun Recoñecemento Extraxudicial para pagar á totalidade dos provedores aos que se lles debe dende hai anos.

    "A proposta de Crédito Extraordinario por importe de 1.781.923,54 euros, respaldada hoxe por PSOE, EU SON, BNG e Manuel Carrera, pon de manifesto a arbitrariedade á hora de intentar recoñecer as obrigas procedentes de exercicios pechados que arrastra o Concello do Porriño, que en realidade superan os 5 millóns de euros", denuncia o voceiro dos populares, Alejandro Lorenzo.

    E é que sendo responsables e sabedores dos incumprimentos constantes da estabilidade orzamentaria, regra do gasto, periodo medio de pago, plan económico financieiro e da imposición da non dispoñibilidade de crédito por valor de 4.870.747,47 euros, o Goberno Municipal continúa omitindo a totalidade da facturación pendente de pago e nula de pleno dereito. Por este motivo, os populares solicitaban hoxe que a Corporación Municipal recoñecera a obriga de pagar a totalidade do que se debe ás empresas, primeiro realizando a revisión de oficio da facturación irregular para  poder elaborar a correspondente proposta de Crédito Extraordinario acompañado dun Recoñecemento Extraxudicial para determinar que se pague a todos os provedores o que se lles debe dende hai anos.

    "A rexedora pretende seguir poñendo parches e levando a cabo postas en escena, como a de hoxe no pleno, que non fan máis que acrecentar o problema e dilatar o pago a provedores, para impedir dar conta do que en realidade está a acontecer no Concello", apuntou Lorenzo, "Agora o fai respaldada por quen hai uns meses, antes das eleccións municipais, denunciaban estas prácticas e as tildaban de inadmisibles".

    O voceiro dos populares lamenta "a manipulación" que a rexedora está a facer dende as redes sociais e gabinete de comunicación do Concello do Porriño. "Está poñendo ao servizo do seu propio interés os medios institucionais , usándoos para engañar á xente", explica Lorenzo, "Os plenos non se colgan na mediateca para que a veciñanza non poida comprobar o que realmente aconteceu".

    A proposta dos populares, tumbada a pasada sesión polos grupos que apoian á Alcaldesa, incluía a modificación da base 18  que permitiría ao pleno ter competencia para o levantamento de reparo e poder permitir o pago sendo, "esta competencia agora mesmo é da Alcaldesa e está a facer uso arbitrario da mesma e negándose a que o pleno teña capacidade de decisión".

    A revisión de oficio da facturación proposta polos populares ten como fin o pago a provedores coa garantía de que se fai conforme ao prezo de mercado e, entre outras cuestións, que se paga por traballos que se realizaron. "Lonxe de pretender impedir o pago, o que estamos intentando é que se pague a todas as empresas que traballaron para este concello e non só ás que a Alcaldesa decida, como está a facer e como pretende seguir facendo. Existen centos de decretos da Alcaldía ordenando o pago a empresas dunha forma totalmente arbitraria mentres outras continúan e continuarán sen cobrar. É inadmisible", conclúe Lorenzo.

    SENTENZAS APUNTAN Á POSIBLE CONNIVENCIA ENTRE EMPRESAS E CONCELLO PARA SALTARSE OS PROCEDEMENTOS DE CONTRATACIÓN

    Ademais dos informes do Secretario e Interventora Municipal que apuntan ás continuas e graves irregularidades nos procedementos levados nas contratacións e facturación por parte do Goberno Municipal que preside Eva García, existen sentenzas de reclamacións por abono de facturas que se deben a provedores que poñen de manifesto o proceder irregular na contratación e incluso a inexistencia de documentación que acredite que se prestaron os servizos facturados.

    "Nos encontramos con una reclamación `a tanto alzado´, sin contrato, ni encargo previo documentado, fijación de precio, etc... ni tampoco prueba objetiva clara y precisa sobre su efectiva realización", reza a Sentenza 152/2019 do Contencioso Adm nº1 de Pontevedra.

    Apuntan tamén á posible connivencia entre empresas e Concello para eludir os procedementos de contratación legalmente establecidos e asignar "a dedo" os contratos : "Centrados así en los términos del debate, debe comenzarse por señalar que la práctica irregular de determinados contratistas y proveedores, en connivencia con las correspondientes autoridades públicas, de realizar prestaciones para la Administración por "vía de hecho", es decir, sin formalizar previamente un contrato en legal forma (por escrito, con fijación de precio y con la preceptiva reserva y fiscalización de crédito presupuestario, tal y como exige la legislación aplicable incluso para los contratos menores), tiene como ventaja para dichos contratistas el eludir determinados requisitos formales de la normativa de contratación pública que les podría perjudicar (fijación previa del precio, licitación pública en concurrencia competitiva cuando se rminada cantidad, etc)"..."Para las autoridades y empleados públicos esa práctica de contratar directa y verbalmente sin procedimiento alguno, ni reserva y fiscalización de crédito, con la idea de que luego se remunere el servicio prestado mediante un reconocimiento extrajudicial de créditos, podría acarrearles medidas disciplinarias por su propia Administración, o incluso imputación de un delito de prevaricación o de malversación de fondos públicos, además de responsabilidades contables" (Sentenza 133/2019 Contencioso Adm. Nº1 Pontevedra. A mesma sentenza apunta "Por otra parte, los numerosos procesos muy similares a éste tramitados en los juzgados Contenciosos-Administrativos de Pontevedra frente al Concello de Porriño pone de manifiesto de dicha Administración Municipal como regla general está encargando sus servicios y obras verbalmente, sin contrato, con omisión total y absoluta del procedimiento establecido y de los principios más básicos de la contratación administrativa. Resulta obligado comunicar dicha circunstancia al Consello de Contas de Galicia para que se realice la correspondiente investigación a los efectos oportunos"

    Neste contexto, o voceiro dos populares adiantou que solicitará "onde corresponde que se revise e investigue o que está a acontecer no Concello do Porriño. Nós, ao igual que o resto dos corporativos, somos coñecedores da gravidade do que acontece e non imos ser cómplices destas prácticas que fan un grave dano á facenda local e aos provedores que prestan servizos ao noso Concello", concluíu Lorenzo.

Add comment


Security code
Refresh