Para o PP de Poio, o Pleno Extraordinario deste martes evidencia as vergoñas e a falta de transparencia e rexeneración dos 3 Alcaldes

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Para o PP de Poio, o Pleno Extraordinario deste martes evidencia as vergoñas e a falta de transparencia e rexeneración dos 3 Alcaldes

    • «Mentres o concello ten cartos para pagar 3 Alcaldes, estes mesmos aproban un préstamo endebedando aos veciños 12 anos para pagar facturas. Isto non é normal, só pasa en Poio», destaca o portavoz Ángel Moldes.
    • «Tampouco é normal que no orzamento aprobado hai uns meses non tiveran previsión deste gasto. Estas facturas son as consecuencias das cacicadas que o BNG e o PSOE fixeron durante a precampaña e campaña para comprar votos», indica Moldes
    • O PP vota contra ao “Plan de Mobilidade Sustentable”, por incluir medidas como o establecemento do sentido único na Avda. da Barca, ademais de consideralo “pura propaganda”. Os populares recordan que por un lado, o Tripartito «nunca demostrou o máis mínimo interese pola mobilidade» e ademais os 3 alcaldes saben que o Plan é financeiramente irrealizable: «Non teñen nin a intención política nin recursos ou capacidade de xestión» para levalo a cabo.
    • Os técnicos advirten que levar adiante este plan esixiría pedir un crédito de máis de 2 millóns de euros para 2020, a maiores de todos os gastos ordinarios do concello, algo que sería inviable e, probablemente, ilegal: «Ou pensan endebedar aínda máis aos veciños e son uns irresponsables, ou non o pensan facer e son uns mentirosos».
    • Por último, o PP solicita volver poder acceder ós expedientes a través de plataforma telemática tal e como se podía facer ata que os 3 Alcaldes ordenaron quitarlle este acceso aos edís da oposición, aparentemente en represalia por destapar as irregularidades do Tripartito.
    • Os populares recordan que en Poio todo segue igual ou peor, o Tripartito non cambia as prácticas nin costumes do anterior Bipartito ou o que é o mesmo Silvia Díaz fai o mesmo que facía Chelo Besada e Luciano Sobral en anteriores mandatos, so cambiaron 2 cousas: 2 alcaldes por 3 e 2 soldos por 3 idénticos, en resumo... máis gastos para os veciños e veciñas de Poio sen nada a cambio», conclúe Moldes.

     

    Poio, 3 de setembro de 2019. Este martes celebrouse o Pleno Extraordinario no que BNG, PSOE e Avante Poio aprobaron definitivamente un préstamo de máis de medio millón de euros para pagar “facturas no caixón”, algo que para o PP destapa as vergoñas dos 3 alcaldes e evidencia a falta de transparencia e rexeneración do Tripartito.

    «Hoxe os 3 Alcaldes aprobaron definitivamente o préstamo que endeberá aínda máis á veciñanza de Poio», destacou o voceiro do PP, Ángel Moldes: « Mentres o concello ten cartos para pagar 3 Alcaldes, estes mesmos aproban un préstamo endebedando aos veciños 12 anos para pagar facturas. Isto non é normal, so pasa en Poio»,

    Para Moldes tampouco é normal que no orzamento para 2019, aprobado hai uns meses, tampouco figurase ningunha previsión destes gastos: «Estas facturas son as consecuencias das cacicadas que o BNG e o PSOE fixeron durante a precampaña e campaña para intentar comprar votos».

    O voceiro popular asegurou que os veciños de Poio terán que pagar mais de 1 millón de euros en facturas por cacicadas e irregularidades, algo que non é normal, «pero menos normal aínda é que Avante Poio, agora, apoie estas cacicadas e estas irregularides e vote a favor con eles, onde está a rexeneración da que tanto presumía Silvia Díaz?», pregunta Moldes.

    En relación ao “Plan de Mobilidade Sustentable” proposto polo Tripartito, o PP decidiu votar contra a súa aprobación, xa que contén medidas rexeitadas en numerosas ocasións polos veciños, como o establecemento do sentido único de saída cara Pontevedra na Avda. da Barca, e considerar que o Plan, tal e como está redactado é «pura propaganda» e outra das típicas cortiñas de fume do Bipartito que agora asumiron os 3 alcaldes.

    Os populares fixeron un repaso aos numerosos incumprimentos do Bipartito, agora Tripartito, en relación á mobilidade durante os últimos anos, con mocións incumpridas, a parálise do PXOM, a desantención ás peticións veciñais nesta materia, pero tamén obstaculizando e ralentizando a actuación doutras administracións, e subliñou que BNG, PSOE e Avante Poio «nunca demostraron o máis mínimo interese pola mobilidade» e ademais, «non teñen nin os recursos nin a capacidade de xestión para traballar seriamente por este obxectivo».

    O PP apuntou aos informes técnicos que evidencian que o Plan presentado no pleno é financeiramente e técnicamente irrealizable: «O informe de intervención advirte que só para 2020 cumprir o Plan de Mobilidade esixiría pedir un crédito de máis de 2 millóns de euros a maiores de todos os gastos “ordinarios” do Concello», algo que non só é irrealizable senón, con toda probabilidade, ilegal e que ademais o informe fai extensivo a todo o periodo de implantación do Plan: «Ou pensan endebedar aínda máis, con créditos insostibles, aos veciños e son uns irresponsables, ou non o pensan facer e son uns mentirosos»

    Os populares recordaron que as únicas administracións que demostraron un compromiso real coa mobilidade sustentable son as gobernadas polo PP, cos investimentos por valor de máis de 6,5 millóns de euros durante esta lexislatura nas sendas peonís e ciclistas da PO-308 da Xunta de Galicia ou a senda entre Campelo e A Seca realizada polo goberno central do Partido Popular, e subliñaron que se o Tripartito quixese comprometerse coa mobilidade, podería empezar por traer a pleno a moción para facer o vial de Raxó que «xa trouxemos ao pleno de xulio pero que polo que se ve non lles parece que teña ningunha urxencia».

    Por último, o PP presentou un rogo solicitando acceder aos expedientes administrativos a través de plataforma telemática tal e como podían facer ata hai uns días: «O Tripartito quitóunos o acceso aos expedientes casualmente, o día despois de que fixéramos público o informe demoledor da empresa que audita ao servizo de recollida de lixo quitáronnos o acceso aos expedientes. Que nos quitasen este acceso é un atropelo aos dereitos que temos como membros da corporación e acudiremos a todas as instancias administrativas e xudiciais pertinentes», indica Moldes. «Ista é a transparencia que vendía nas campaña Avante Poio? Do BNG e do PSOE xa sabemos que non podemos esperar nada», destaca o portavoz popular.

Add comment


Security code
Refresh