O PP DO PORRIÑO PIDE A EVA GARCÍA QUE ESCOITE Á VECIÑANZA E NON POÑA FIN A PORRIGALIA

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP DO PORRIÑO PIDE A EVA GARCÍA QUE ESCOITE Á VECIÑANZA E NON POÑA FIN A PORRIGALIA

    • Os populares piden ao Goberno Municipal que expliquen os motivos polos cales deciden poñer fin a este evento, pese ás reclamacións da veciñanza, da hostalería e do comercio local.
    • Lamentan que falten á verdade asegurando que non dispoñen de diñeiro para festas e solicitan que, de ser así, expliquen aos veciños e veciñas do Porriño en qué se gastaron no que vai de ano os 700.000 euros consignados nesa partida.

     

    O Porriño, 6 de agosto de 2019.- Tras facerse pública a programación do mes de agosto, os populares lamentaron hoxe a decisión do Goberno Municipal do Porriño de poñer fin a Porrigalia, un evento que goza de gran recoñecemento e que repercute de maneira moi importante no comercio e na hostalería da vila.

    O voceiro dos populares,  Alejandro Lorenzo solicitou á Alcaldesa "que recapacite e deixe de facer oidos xordos ás reclamacións da veciñanza, comerciantes e hostalerios". Lorenzo lembra a Eva García que este evento "ademais de pensarse como unha alternativa de lecer naceu co obxectivo de revitalizar, dinamizar e promover a economía local". Obxectivo que cumpriu con creces dende a súa creación no ano 2014, cando O Porriño recibiu a máis de 20.000 asistentes nunha festa na que se implicaron os diferentes sectores da vila: comerciantes, hostaleiros, asociacións, clubes deportivos, centros escolares e a veciñanza en xeral. Xuntos deron forma a un evento que chegaba para quedarse.

    "Pese a gozar do apoio popular, Eva García amosouse contraria á súa celebración dende o principio sen dar ningún tipo de explicación", lamentou Lorenzo. Xa no 2015, o recén estreado Goberno Local decidía non celebrar Porrigalia. Finalmente, e tal e como manifestou a Alcaldesa, o evento tivo continuidade `por petición popular´, asegurando que `o que funciona tense que repetir e consolidar´. Sorprende a incoherencia da determinación da rexedora, que na campaña electoral do pasado mes de maio declaraba nunha entrevista que Porrigalia `seguiu e seguirá´ pois `supuxo unha dinamización nunha época moi larga na que non hai nada´. Eva García aseguraba ás portas das eleccións municipais que o evento `atrae a moitísima xente da área metropolitana. O Porriño se peta´ afirmaba, `con ela queremos dinamizar o comercio e a hostalería, por eso a facemos´.

    "O Goberno Municipal debe ser claro a este respecto e explicar os motivos polos cales deciden poñer fin a este evento", insistiu Lorenzo pedindo á Alcaldesa e concelleiros que "deixen de excusarse e mentir responsabilizando ao PP das súas decisións".  Como ven sendo habitual, o executivo socialista minte á veciñanza para eludir as súas responsabilidades, alegando que non dispoñen de diñeiro na partida de festas tras terse pagado a débeda pendente aos veciños e veciñas de Cans (en referencia aos 60.000 euros que o Goberno Municipal pretendía retirar da partida destinada ás Comunidades de Augas).

    "Unha vez máis intentan manipular aos veciños e faltan á verdade", concluíu Lorenzo, "Este Goberno Municipal destinou a festexos no orzamento 700.000 euros. Un incremento desmesurado dos 350.000 euros cos que contabamos no noso goberno na mesma partida e cos que asegurabamos sobradamente non só a celebración de Porrigalia, senón de todos os festexos que se celebraban na vila. Se é certo que xa non dispoñen de cartos nesa partida, deberán explicar ás veciñas e veciños do Porriño en que se gastaron  eses 700.000 euros no que vai de ano".

Add comment


Security code
Refresh