O PP de Cuntis denuncia reparos de In-tervención en 451 facturas por importe de 150.000 euros

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Cuntis denuncia reparos de In-tervención en 451 facturas por importe de 150.000 euros

    • “Supón unha continua irregularidade nos procedementos de contratación, e pon en risco a estabilidade económica das persoas e empresas que traballan para esta administración”, sinalan.
    • Ademais, lamentan a falta de diálogo e comunicación en asuntos tan relevantes como a peatonalización provisional do centro histórico.

     

    06, agosto, 2019.- O Partido Popular de Cuntis pide ao Goberno local que explique os levantamentos de reparo tramitados nos últimos meses. Trátase de 451 facturas (emitidas desde xaneiro a maio de 2019) por importe de 149.492 euros, nas que informes municipais manifestan irregularidades na súa tramitación, por tratarse de servizos recurrentes e continuados no tempo e superando os límites establecidos na Lei de contratos, e sen fiscalización previa (esto é, sen existir proposta de gasto nin retención de crédito, os trámites que deberían terse realizado para ter asegurada a reserva de diñeiro para facer frente a esos gastos).

    Ditas facturas correspóndense con gastos procedentes de obras, servizos de limpeza de dependencias municipais, recollida e tratamento de residuos, telefonía, redacción de presupostos e proxectos, levantamentos topográficos, pagos de pólizas e seguros, combustible de vehículos, subministro de enerxía eléctrica, actividades deportivas, publicidade, mantemento de zonas verdes e ascensores, etc.; “todos eles, gastos perfectamente previsibles no funcionamento dunha administración, e que deberían tramitarse e regularse a través dos correspondentes contratos e concesións”, sinalan desde o Partido Popular. Do contrario, engaden, “supón unha continua irregularidade nos procedementos de contratación, que é a situación que presumiblemente sucede no Concello de Cuntis. Significa vulnerar os principios de estabilidade orzamentaria do Concello, pero o que é mais grave, poñer en risco a estabilidade económica das persoas e empresas que traballan para esta administración, ás que non se lle asegura previamente o dereito de cobro”.

    Por este motivo, preguntan os populares si “esta é a política de goberno que imos ver do partido socialista nos próximos anos, saltándose os procedementos da contratación pública?”.

    GOBERNO SEN DIÁLOGO NIN COMUNICACIÓN

    Ademais, desde o PP de Cuntis tamén evidencian a falta de diálogo e comunicación do grupo de Goberno cara o resto dos membros da Corporación, en asuntos de gran relevancia para os veciños e veciñas de Cuntis, como a peatonalización provisional do centro histórico. Todo elo sen o previo sometemento ó Pleno, nin opción alguna á participación ou ó debate por parte do resto da corporación.

Add comment


Security code
Refresh