Para o PP de Poio, coa chegada do Tripartito todo segue igual: irregularidades, malas prácticas e corruptelas

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Para o PP de Poio, coa chegada do Tripartito todo segue igual: irregularidades, malas prácticas e corruptelas

    • Os populares critican que coa chegada do Tripartito todo segue igual: as irregularidades, as malas prácticas e as corruptelas.
    • «Se a Concelleira de Avante Poio vota a favor do préstamo que endebedará á veciñanza de Poio, a 12 anos, por importe de 650.000€ máis intereses -para así pagar facturas que teñen no caixón sen pagar- estará apoiando as malas prácticas destes 24 anos de gastar sen ter cartos».
    • «Transparencia, rexeneración e planificación eran as tres palabras máis utilizadas por Silvia Díaz durante a campaña electoral, palabras coas que coincidimos e por iso esperamos que a Concelleira de AVANTE POIO vote en contra deste préstamo».
    • «Non poder ser ter cartos para pagarlle a 3 Alcaldes 3 soldos idénticos, e logo que teñan endebedar aos veciños de Poio durante 12 anos para pagar facturas, isto non é normal, so pasa en Poio!»

     

    30 de xullo de 2019. Os populares critican que coa chegada do Tripartito a Poio todo segue igual: as irregularidades, as malas prácticas e as corruptelas.

    O Concelleiro popular, Sergio Pereira, anuncia que Silvia Díaz ten neste Pleno a oportunidade, co seu voto, de cambiar as cousas en Poio: «Se a Concelleira de Avante Poio vota a favor do préstamo que endebedará á veciñanza de Poio, a 12 anos, por importe de 650.000€ máis intereses -para así pagar facturas que teñen no caixón sen pagar- estará apoiando as malas prácticas destes 24 anos de gastar sen ter cartos», indica Pereira.

    «Transparencia, rexeneración e planificación eran as tres palabras máis utilizadas por Silvia Díaz durante a campaña electoral, palabras coas que coincidimos e por iso esperamos que a Concelleira de AVANTE POIO vote en contra deste préstamo”», expón Pereira.

    Os populares teñen claro que se no primeiro Pleno Ordinario deste mandato vai un préstamo para pagar facturas por non ter cartos e non ter previsto este gasto no presuposto aprobado fai poucos meses, desde logo non é nin transparente, nin rexenerador, nin algo planificado e por iso esperan o voto en contra de Silvia Díaz: «O máis de medio millón de euros que van a ser financiados por este préstamo non previsto no presuposto, é unha cantidade o suficientemente importante como para ter previsión deste gasto».

    «Non poder ser ter cartos para pagarlle a 3 Alcaldes 3 soldos idénticos, e logo que teñan endebedar aos veciños de Poio durante 12 anos para pagar facturas, isto non é normal, so pasa en Poio!», destaca Pereira.

    Pereira asegura que os veciños de Poio terán que pagar mais de 1 millón de euros en facturas a causa das cacicadas que fixo o Bipartito para comprar votos antes das pasadas eleccións municipais e AVANTE Poio non pode estar de acordo con isto.

    «Co Bipartito tiñamos unha débeda de máis de 5.800.000€ e co actual Tripartito, en vez de reducila, vaise incrementar a máis de 6 millóns e medio de euros nada máis comezar o mandato e este é un dos motivos polos que entendemos que Silvia Díaz ten que ser coherente coas súas propostas electorais e votar en contra deste disparate», indica Pereira.

    Os populares denuncian que non se pode arrastrar débedas e gastar sen ter cartos xa que isto é un círculo perigoso porque os gastos que se están facendo na actualidade vanse pagar co próximo orzamento e así resulta imposible avanzar xa que xa ten as partidas esgotadas sen tan sequera estar aprobado o orzamento.

    O PP PREGUNTARÁ NESTE PLENO POLO ACTO DA “MATRIA GALEGA”

    A Concelleira popular, Nati Torres sobre o acto da “Matria Galega”.

    • PREGUNTA A MARGA CALDAS

    ¿Cal é o motivo polo que o acto da “Matria Galega” non pasou pola Comisión de Cultura?¿Cales foron os gastos deste Acto?

    • PREGUNTA A SILVIA DÍAZ

    Sendo a transparencia e a planificación aos eixos principais de AVANTE POIO durante a campaña electoral e tendo en conta que no pacto de goberno figuraba que todos os actos e asuntos, así como os gastos que van asociados aos mesmos, tiñan que ser informados polas Comisións correspondes… pois ben, como sabes… o acto da “Matria Galega” e aos seus gastos non pasaron pola Comisión de Cultura

    Tendo en conta que es a Presidenta desta Comisión... ¿Cal foi o motivo de omitir este asunto e non tratalo? ¿Apoias esta forma de proceder?

    Torres recorda que a presidenta da Comisión de Cultura é precisamente a concelleira de Avante Poio, Silvia Díaz, que teoricamente esixiu para formar goberno medidas de “transparencia, rexeneración, control da xestión...” e «resulta que o día despois da primeira comisión do mandato xa nos atopamos co mesmo ocultismo e falta de claridade que co Bipartito, xa que o acto celebrouse sen informar, sen dar conta dos gastos, sen nada».

    Para a popular, o feito de que o acto non pasase pola comisión presidida por Silvia Díaz e coa presenza do resto dos grupos é unha demostración de que é un acto do BNG disfrazado de acto institucional, máxime cando as únicas intervencións previstas son as do número 1 e a número 2 do BNG de Poio, Luciano Sobral e Marga Caldas, e o deputado autonómico do BNG “Mini” Rivas.

    Torres subliñou que «no Partido Popular, como primeira forza en Poio e en Galicia, somos os primeiros en defender e celebrar o 25 de xullo, e por iso mesmo sabemos que o Día de Galicia é de todos, e non propiedade dos nacionalistas para que o BNG de Poio faga un acto de partido cos cartos dos veciños».

Add comment


Security code
Refresh