O PP PIDE A EVA GARCÍA QUE RESPECTE A PERIODICIDADE ACORDADA DOS PLENOS

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP PIDE A EVA GARCÍA QUE RESPECTE A PERIODICIDADE ACORDADA DOS PLENOS

    • A alcaldesa convocou hoxe un pleno ordinario para mañá martes 30, ás 19 h, pese a terse establecido por acordo plenario que as sesións ordinarias deben celebrarse o último mércores de cada mes ás 18 horas e deben ser convocadas con dous días hábiles de antelación

     

    O Porriño, 29 de xullo de 2019.-  O Grupo Municipal do Partido Popular do Porriño lamenta que o goberno socialista comece este novo mandato repetindo vellas costumes  ao incumprir, como fixo os últimos catro anos, a periodicidade acordada dos plenos.

    Tal e como se acordou no pleno de organización, as sesións ordinarias deben celebrarse o último mércores de cada mes, ás 18 horas. Como establece a lexislación, estas deberán ser convocadas con dous días hábiles de antelación a fin de facilitar a asistencia de todos os corporativos e garantir o dereito do resto dos grupos municipais á participación político-administrativa. Ante a imposibilidade de asistir parte dos corporativos estarían faltando aos dereitos fundamentais dos concelleiros electos unha vez máis.

    "Nun incumprimento deliberado da súa obriga legal,  Eva García convoca hoxe unha sesión ordinaria para mañá martes, 30 de xullo, ás 19 h", lamenta Alejandro Lorenzo, "Semella que a Alcaldesa continuará co seu costume de obviar os mandatos plenarios e acordos pese a terse comprometido explicitamente para obter o apoio doutros grupos á súa investidura".

    Ante esta convocatoria fora de forma, os populares solicitaron que se desconvoque o Pleno Ordinario de mañá, martes 30,  e se celebre según o establecido por acordo da Corporación Municipal o mércores 31. Asemade, solicitaron informe do Secretario Municipal  sobre se, no caso de manterse a convocatoria para mañá martes, os acordos tomados no pleno serían nulos.

Add comment


Security code
Refresh