O PP consegue o compromiso da Deputación para reservar prazas para persoas con discapacidade en todos os programas e convocatorias de emprego provincial

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP consegue o compromiso da Deputación para reservar prazas para persoas con discapacidade en todos os programas e convocatorias de emprego provincial

    • “Isto tamén é unha medida fundamental para a inclusión, beneficiosa para toda a sociedade”, defende Jorge Cubela.

     

    29, xullo, 2019.- O grupo provincial do Partido Popular consegue o compromiso da Deputación para reservar prazas para persoas con discapacidade en todos os programas e convocatorias de emprego que se convoquen a partir de agora na institución provincial. O voceiro popular,  Jorge Cubela, presentou un rogo no último pleno para que nas próximas convocatorias de emprego, como por exemplo “O teu primeiro emprego”, e aínda que non sexa ogrigatorio máis que para as prazas de funcionario, se aplique por analoxía o artigo 11 do Real Decreto Lexislativo 5/2005 e se reserve, como mínimo, o 7% das prazas para persoas con discapacidade.

    “Cremos que é importante que as administracións sexan modelo e exemplo, e por iso é fundamental que sexan as primeiras en ofrecer prazas en todos os seus programas e convocatorias para persoas que teñen algún tipo de discapacidade. E, ademais, que se faga integrando, é dicir, que concorran ás mesmas convocatorias e programas que as persoas que non teñen disfuncionalidade. Isto tamén é unha medida fundamental para a inclusión, beneficiosa para toda a sociedade”, defende.

    O Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, obriga a que as ofertas de emprego público para funcionarios reserven un cupo non inferior ao 7% das vacantes para ser cubertas por persoas con discapacidade. Por iso, o PP pediu que nas próximas convocatorias e programas provinciais, aínda que non sexa obrigatorio máis que para as prazas de funcionario, se aplique este real decreto por analoxía e se reserven tamén estas prazas.

Add comment


Security code
Refresh