O PP DE SALCEDA REPROCHA ÁS ´ALCALDESAS´ QUE FAGAN UNHA VISITA “INSTITUCIONAL” AO CENTRO DE SAÚDE CANDO “TORPEDEARON” AS OBRAS DURANTE UNHA DÉCADA

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  •  O PP DE SALCEDA REPROCHA ÁS ´ALCALDESAS´ QUE FAGAN UNHA VISITA “INSTITUCIONAL” AO CENTRO DE SAÚDE CANDO “TORPEDEARON” AS OBRAS DURANTE UNHA DÉCADA

    •  O portavoz do PP no Concello, Santiago Rodríguez Davila, lamenta que o bigobierno teña que utilizar o maior investimento de 1,7 millóns de euros da Xunta en Salceda para “lavar a súa imaxe” e lémbralle que se “o centro de saúde non está a funcionar xa é por culpa de Castiñeira e de Tourón” 

     

    27 de xullo de 2019. O PP de Salceda de Caselas reprocha ás ´alcaldesas´ que realicen unha visita “institucional” ás obras do novo centro de saúde, as mesmas que “torpedearon” durante unha década coa entrega dos terreos á Xunta por un interese “puramente electoralista”, “prexudicando” aos veciños que durante todo este tempo non puideron gozar duns servizos sanitarios adaptados ás necesidades do municipio. Para o portavoz popular no Concello salcedense, Santiago Rodríguez Davila, trátase dunha “basta” estratexia para “lavar a súa imaxe” despois de “mentir” ao pobo cun pacto “forzado” e “en contra do que decidiron os veciños nas urnas”. 

    Para Davila, tanto Castiñeira como Tourón quedaron en “evidencia” despois de afirmar en reiteradas ocasións que o novo centro de saúde de Mártires de Sobredo nunca sería unha realidade. “Repetiron nos medios de comunicación, nas redes sociais e aproveitaron calquera oportunidade para mentirlle aos veciños en beneficio propio, facendo campaña política en contra da verdade, que non era outra que a vontade da Consellería de Sanidade de investir 1,7 millóns de euros en Salceda como así fixo cando o goberno ao que pertencía Castiñeira permitiuno. Por iso, é lamentable que agora estas ´alcaldesas´ que tanto dano fixeron á sanidade dos salcedenses tenten vender unha obra na que non pagan nin un só euro e que negaron ao pobo durante dez anos”, relata. 

    Precisamente, o vicepresidente da Xunta e presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, visitaron hai uns meses Salceda e, ao contrario do que fixeron as ´alcaldesas´, supervisaron as obras desde o exterior. “Por respecto, algo que non tiveron elas, nin se pensou en acceder o interior”, afirma o portavoz popular quen recrimina a Tourón e Castiñeira que si o fixesen “sen avisar nin solicitar permiso á propietaria dos terreos e do edificio, que é a Xunta, e ademais ténteno vender mediáticamente”. 

    Investimentos dos que presumir 

    Os populares critican o uso da palabra “compromiso” con Salceda por parte de Castiñeira e Tourón e anímalles a explicar a todos os cidadáns cales son as obras nas que o Concello de Salceda investiu diñeiro para mellorar a calidade de vida dos veciños. “Quizá non poden presumir de ningunha porque non as hai, e as poucas que fixeron con diñeiro da Deputación executáronse tarde, rápido para terminar antes das eleccións e o resultado foi nefasto”, apostila Davila. 

    Un exemplo diso son as obras da Devesa que se atopan nunha situación “bochornosa” e que supón un auténtico “perigo” para condutores e peóns. Para Rodríguez Davila, o que tiña que facer o bigobierno é “arranxar” as obras da súa competencia en lugar de “facerse fotos en terreos alleos”.

Add comment


Security code
Refresh