O PP denuncia a desidia dun Tripartito que «nin responde á oposición nin dá solución aos veciños» sobre os problemas en rúa Valiña

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP denuncia a desidia dun Tripartito que «nin responde á oposición nin dá solución aos veciños» sobre os problemas en rúa Valiña

    • Rocío Cochón pregunta ao goberno local polo estado das “negociacións” para dar alternativas de estacionamento durante as obras en rúa Valiña que anunciou Luciano Sobral tras as denuncias do PP: «Despois de mes e medio os veciños seguen sen ter onde aparcar».
    • O Tripartito tampouco contesta ás preguntas sobre o depósito de residuos na “Finca da Coca-Cola” e recomenda preguntarlles ás empresas, o que para o PP é «un novo nivel de opacidade: privatizar as respostas á oposición xa é o colmo».
    • Para os populares, a falta de resposta de BNG, PSOE e Avante Poio ante as preguntas da oposición ou os problemas dos veciños demostra que o Tripartito «continúa a tradición de improvisación, desidia e falta de transparencia dos últimos 25 anos, só que agora cobrando 3 soldos de alcalde».

     

    25 de xullo de 2019. A concelleira do PP de Poio, Rocío Cochón, denunciou esta semana o absoluto desinterese do goberno de Luciano Sobral por solucionar os problemas dos veciños de San Salvador, e reprochou ao flamante Tripartito que, pese a levar só unhas semanas de mandato, continúe a tradición de «improvisación, desidia e falta de transparencia dos últimos 25 anos, só que agora cobrando 3 soldos de alcalde», despois de que os responsables municipais deixasen sen resposta varias preguntas realizadas polo grupo popular na última comisión de urbanismo sobre distintos problemas na contorna da rúa Valiña.

    En primeiro lugar, Cochón preguntou polo estado das “negociacións” anunciadas por Luciano Sobral a principios de xuño para dar unha solución de aparcamento aos veciños da zona durante as obras que se están a levar a cabo en dita rúa.

    A popular recordou que o pasado 8 de xuño, hai xa máis de mes e medio, os populares trasladaron o malestar dos veciños tras coñecer, xusto antes do comezo das obras, que non ían poder aparcar nesta rúa, unha máis densamente poboadas de Poio. Os populares esixiron entón a Sobral que tratase coa adxudicataria das obras para dar alternativas de estacionamento para a veciñanza, como habilitar a “Finca da Coca-Cola”. Sobral respondeu o 10 de xuño comprometéndose a atopar unha solución e anunciando unha negociación cos propietarios da Finca da antiga nave de Begano para permitir aparcar temporalmente.

    «Despois de mes e medio os veciños seguen sen ter onde aparcar e non se volveu saber nada das “negociacións” de Sobral», recalcou Cochón, motivo polo que este martes preguntou en comisión de urbanismo se efectivamente Sobral chegou a falar coas empresas e a negociar algunha solución e de ser así en que punto estarían as negociacións.

    Os responsables municipais indicaron que xa lle darán unha resposta por escrito, o que para Cochón é «o mesmo código que utilizaba o Bipartito para non contestar», recordando que o prazo estimado das obras é de tres meses polo que, predeciu, «acabarán contestando que non fixeron nada despois de rematar as obras».

    Ademais, Cochón chamou a atención sobre o estado da propia “Finca da Coca-Cola”, que actualmente, ademais dos restos da nave, que aínda no se retiraron pese a que foi demolida en marzo de 2017, ten deppositados todo tipo de residuos e material de construción. Por ese motivo, Cochón preguntou «se existe algún acordo entre a empresa adxudicataria dos traballos da rúa Valiña ou o Concello de Poio cos propietarios da Finca para que se poidan verter nela refugallos desa obra».

    Para sorpresa do grupo municipal popular, nesta ocasión os responsables do Tripartito negáronse a contestar e recomendaron ao PP que lle preguntase directamente á empresa, pese a que calquera acordo dese tipo sería coñecido ou mesmo participado polo Concello.

    Para Cochón, esta actitude leva a opacidade e o desinterese do Tripartito a un novo nivel, xa que é a primeira vez que o goberno local delega nunha empresa a súa obriga de informar aos grupos políticos: «Estamos acostumados a que privaticen todo tipo de servizos, pero privatizar as respostas a oposición é o colmo», ironizou Cochón.

    Cochón lamentou a incapacidade do goberno local de cumprir os seus propios compromisos, de ofrecer un mínimo de transparencia e de buscar solucións aos problemas dos veciños, como a escaseza de aparcamento, recordando que máis alá da prohibición temporal de aparcar, despois das obras se reducirá o espazo de estacionamento nesta rúa, pero «se non son capaces de atopar solucións temporais, como lle imos pedir solucións a largo prazo?».

    Para os populares, esta situación reflicte que «menos de dous meses despois de formar goberno, o Tripartito xa está a incumprir as súas promesas e a amosar a mesma opacidade e o mesmo desinterese por arranxar os problemas de Poio que os anteriores gobernos de PSOE e BNG. O único que cambiou foi que pasamos de pagarlle o soldo a dous alcaldes a tres».

Add comment


Security code
Refresh