Pepa Pardo lamenta que a idea do bipartito para mellorar as relacións coa Xunta sexa denunciala no xulgado

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Pepa Pardo lamenta que a idea do bipartito para mellorar as relacións coa Xunta sexa denunciala no xulgado

    •  “A Deputación está gastando os cartos de todos en buscar un beneficio político. Sería moito máis útil que gastaran os cartos en rehabilitar o Pazo de Lourizán, como di a lei”
    • “É evidente que o PSOE e o BNG teñen cargo de conciencia co Pazo. Prometeron obras e proxectos que nunca chegaron a executarse”

     

    Pontevedra, 28 de xullo de 2019.- A deputada provincial do Partido Popular Pepa Pardo lamentou hoxe que a idea do bipartito da Deputación para mellorar as relacións coa Xunta de Galicia sexa denunciala no Xulgado. “A primeira medida tomada polo bipartito este mandato foi levar a xuízo á Xunta. Creo que quedou moi claro qué é o que pretende Carmela Silva: confrontar, confrontar e confrontar”, sinalou Pardo.

    “A Deputación está gastando os cartos de todos en buscar beneficio político. Sería moito máis útil que gastaran os cartos en rehabilitar o Pazo de Lourizán, como di a lei”. A deputada do Partido Popular refírese aos case 20.000 euros destinados polo bipartito a un bufete externo para que dea os primeiros pasos da demanda xudicial. “Ese é o primeiro pago. Van vir máis pagos despois? Non hai cousas mellores en que gastar os cartos da provincia?”.

    Pardo pediu á Deputación que asuma as súas obrigas e que acometa as obras no Pazo tal e como obriga a Lei de Rehabilitación de Galicia. “A lei é moi clara: os titulares dos edificios son os que están obrigados a conservalos e melloralos. O Pazo non pode ser unha moeda máis para que o bipartito ataque á Xunta”, afirmou Pardo.

    “É evidente que o PSOE e o BNG teñen cargo de conciencia co Pazo. Prometeron obras e proxectos que nunca chegaron a executarse”. Pardo alude así á decisión do bipartito da Xunta de parar o proxecto do Partido Popular para que a sede do Parque Nacional Illas Atlánticas se instalase no inmoble de Lourizán e os proxectos anunciados como compensación (un Centro Medioambiental e un Instituto de Meteoroloxía) dos que nunca máis se volveu saber.

Add comment


Security code
Refresh