O alarmante estado do Depósito Municipal de Auga de Boavista é un claro exemplo do abandono de San Salvador

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O alarmante estado do Depósito Municipal de Auga de Boavista é un claro exemplo do abandono de San Salvador

    • O concelleiro do PP de Poio por San Salvador, Sergio Pereira, explica que durante os últimos días veciños e veciñas de Boavista están alertando e chamando por desprendementos de pedras a causa da rotura, en maio, do Depósito Municipal de Auga.
    • «Non é admisible que o Depósito de Boavista, con máis de 40 anos e nun estado obsoleto, afundírase en maio e, dous meses despois, segue sen ter solución. Pero o que é peor... a causa desta rotura e de non atopar solución están caendo pedras, de grandes dimensións, á Rúa Illa de Tambo»
    • «Non aprenderon aínda dos resultados do 26M e do tirón de orellas que os veciños de San Salvador, e en xeral de todo Poio, lle deron ao BNG e ao PSOE. Perderon en todas as parroquias e baixaron moito en todas elas pero parece que nin así aprenden»

     

    24 de xullo de 2019. O concelleiro do PP de Poio por San Salvador, Sergio Pereira, explica que durante os últimos días veciños e veciñas de Boavista están alertando e chamando por desprendementos de pedras a causa da rotura, en maio, do Depósito Municipal de Auga.

    «Non é admisible que o Depósito Municipal de Boavista, con máis de 40 anos e nun estado obsoleto, afundírase en maio e, dous meses despois, segue sen ter solución. Pero o que é peor... a causa desta rotura e de non atopar solución están caendo pedras, de grandes dimensións, á Rúa Illa de Tambo», expón Pereira.

    O popular recorda que o Alcalde optou, en maio, polo arranxo do Depósito e non por facer un novo tal e como solicitaban os veciños e o propio PP de Poio: «Despois das peticións de que fixera un depósito novo, o BNG de Poio optou por reparalo pero a realidade é que dous meses despois está como o primeiro día que se afundiu, isto di moito do Bipartito... agora Tripartito», expón Pereira.

    Os populares advirten que os problemas continúan: «Nos chaman os veciños da zona alertándonos de que están caendo pedruscos dun gran tamaño a estrada de abaixo, a Rúa Illa de Tambo, polos movementos de terra debidos a rotura do Depósito. Por sorte non hai tormentas nin fortes choivas senón o perigo sería máis alarmante aínda incluso para as vivendas da zona», destaca Pereira.

    Os populares aproveitan para recordar que o estado da rede en xeral de auga é moi precario e necesita dunha renovación urxente: «Os parches e remendos non son a solución en tuberías e depósitos que teñen máis de 40 anos, o que ten que facer o Tripartito é licitar un novo contrato de auga ou remunicipalizar este servizo e non estar prorrogando continuamente o actual contrato».

    Pedímoslle o Tripartito que se poña a traballar en busca dunha solución que para nós pasa pola construción dun novo Depósito: «Este martes preguntamos na Comisión de Urbanismo sobre este tema e o Concelleiro de Urbanismo, Gregorio Agís, díxonos que “estaban a facer un estudio técnico de viabilidade xa que a construción dun novo depósito suporía moitos cartos”. Nos temos claro que os cartos públicos deben gastar en base a unhas prioridades e a construción deste Depósito é unha delas, non poden poñer este tipo de desculpas cando veñen de poñerse 3 soldos iguais os 3 Alcaldes», destaca Pereira.

    Pereira insiste en que este abandono é a tónica dominante do Bipartito, agora Tripatito, en San Salvador: «O abandono que sufre San Salvador é total. Aínda non aprenderon dos resultados do 26M e do tirón de orellas que os veciños de San Salvador, e en xeral de todo Poio, lle deron ao BNG e o PSOE. Perderon en todas as parroquias e baixaron moito en todas elas pero parece que nin así aprenden», conclúe Pereira.

Add comment


Security code
Refresh